O Porto de Marín conta cunha nova conexión con Guinea Ecuatorial
Por Redacción
A firma Soluciones Integrales Marítimas (SIM), axente de Marguisa nos portos de Marín e Bilbao, lanzou unha nova conexión regular que une ambos portos españois con Guinea Ecuatorial a través do Hub de transbordo na terminal semiautomática TTI-A de Hanjin do porto Bahía de Algeciras.
Para este servizo, SIM utiliza o servizo semanal feeder de Nisa Marítima, realizado co buque "Elbmarsch", un barco consignado por Pérez Torres Marítima e que conta con 127 metros de eslora, 20 metros de manga e 724 TEUs nominales de carga, que escala en Marín e Bilbao semanalmente.
A partir de Algeciras, Marguisa emprega dous buques portacontenedores gemelos, o "Hansa Cloppenburg" e o "Hansa Marburg", ambos de 1.740 TEUs de capacidade, nun novo servizo denominado EGEX, que toca os portos de Valencia e Algeciras cada 17 días cara a Bata e Malabo, en Guinea Ecuatorial.
Marguisa foi fundada en 1997 e tradicionalmente especializouse nos servizos de liña regular entre o Mediterráneo do Oeste e África do Oeste, centrándose principalmente en Guinea Ecuatorial.