Pontevedra, un "paraíso para vivir" segundo o xornal británico The Guardian
Por Alejandro Espiño
"En Pontevedra, a habitual banda sonora dunha cidade española foi substituída polo canto dos paxaros e as conversacións entre os humanos".
Así comeza o artigo publicado pola edición dixital do xornal británico The Guardian, un dos máis seguidos no Reino Unido, no que se describe á Boa Vila como un auténtico "paraíso para vivir".
A reportaxe foi realizada polo xornalista e escritor Stephen Burgen, que recentemente pasou varios días en Pontevedra, onde comprobou de primeira man o modelo urbano da cidade e a transformación que experimentou nos últimos anos.
Burgen, xunto cunha descrición do que viu en Pontevedra, entrevistou o alcalde, quen lle trasladou que a filosofía do modelo pontevedrés é que posuír un coche non dá dereito a ocupar o espazo público. Así, Miguel Anxo Fernández Lores lembra que non fai moito pasaban máis coches polo centro da cidade que habitantes hai en Pontevedra.
O xornalista destaca no seu artigo que Pontevedra logrou "expulsar" os coches do centro da cidade, logrando que sexan agora os cidadáns os que gocen dos espazos públicos, partindo todo iso da peonalización do centro histórico.
A iso suma, ao longo do seu relato, a creación de aparcadoiros disuasorios para "desfacerse" do estacionamento na rúa, o acougado de tráfico con rotondas e lombos para reducir a velocidade do tráfico, a protección do pequeno comercio ao prohibir grandes áreas ou a ampliación das áreas peonís a gran parte do centro urbano de Pontevedra.
Ademais, a reportaxe inclúe a opinión que veciños e visitantes de Pontevedra teñen acerca da cidade e que, na súa gran maioría, desfanse en halagos cara ao estado actual da cidade.
Iso si, tamén se citan queixas como a conxestión do tráfico na periferia, a carencia de prazas de aparcadoiro ou a ausencia dun sistema de transporte público urbano.
Relacionadas:
-
Pontevedra, destino recomendado por National Geographic para visitar e "esquecerte do coche"
Por Alejandro Espiño |
-
Un equipo da TV pública francesa elixe Pontevedra para ilustrar un "mundo sen coches"
Por Alejandro Espiño |
-
Financial Times fíxase en Pontevedra como exemplo de cómo crear cidades saudables
Por Alejandro Espiño |
-
2018, o ano do 'boom' mediático da transformación urbana de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Un estudo sobre a contaminación en España pon a Pontevedra como "exemplo" a seguir
Por Redacción |
-
O artigo de The Guardian dispara o interese dos medios internacionais por Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O modelo urbano de Pontevedra esperta interese en Foz de Iguazú
Por Redacción |
-
Lores di en Francia que os pontevedreses defenden o modelo urbano "con uñas e dentes"
Por Redacción |
-
Las Palmas "toma nota" do modelo de Pontevedra para modificar a súa mobilidade urbana
Por Redacción |