A Audiencia Nacional condena ao Estado a paralizar a actividade de ENCE e da depuradora dos Praceres
Por Oskar Viéitez
Na súa cruzada por recuperar a antiga marisma de Lourizán, a asociación ecoloxista "Salvemos Pontevedra" deu un importante paso conseguindo que a Audiencia Nacional condene ao Estado e obríguelle a incoar un expediente de caducidade da concesión de ENCE, e á paralización e peche das actividades na ría.
Este colectivo social e apolítico que preside Francisco Díaz Sánchez, ao que acompañan Fabián Estévez, Jesús López, Pilar Taboada e Edelmiro Domínguez, entre outros, empeñáronse en recuperar este enclave natural, loitando ata contra as propias administracións, e obtendo importantes víctorias nos tribunais.
A última é esta sentenza emitida o pasado 19 de abril pola Sala do Contencionso da Audiencia Nacional sobre a situación administrativa dos terreos que ocupa a depuradora dos Praceres e o emisario submarino nas antigas marismas de Lourizán e que, de rebote, alcanza á propia concesión da empresa ENCE.
Fundamenta o fallo en que ENCE "carece de concesión de ocupación do dominio público marítimo terrestre" porque non fixo os trámites oportunos para renovar a concesión cando deixou de ser unha empresa dependente do Estado para ser privatizada.
Antes de ENCE, ELNOSA, a Estación Depuradora de Augas Residuales (Edar) e o emisario submarino, Salvemos Pontevedra logrou similares condenas contra a cementeira Holcim ou contra os antigos terreos da empresa Malvar, e están pendentes dos recursos suscitados contra a autovía de Marín, a variante e o supernó.
ENCE PRESENTARÁ RECURSO
Dende a entidade pastera xa se anunciou que, ante este fallo, van presentar un recurso ante o Tribunal Supremo. Segundo se indica dende o departamento de comunicación da fábrica de Lourizán, "a sentenza non declara a nulidade da concesión porque non entra no fondo do asunto". Limítase a unha cuestión procedemental derivada dun silencio administrativo, segundo afirman dende a empresa, e engaden que en relación co procedemento de caducidade da concesión non se prexulga o resultado deste procedemento.
Relacionadas:
-
'Salvemos Pontevedra' dá dous meses ao Estado para que abra o expediente de caducidade da EDAR de Os Praceres
Por Redacción |
-
O Supremo confirma a sentenza que ordena o cesamento da depuradora dos Praceres
Por Natalia Puga |
-
O Tribunal Supremo da dez días de prazo para abrir o expediente de caducidade de Ence
Por Oskar Viéitez |
-
O Tribunal Supremo ordena ao Estado iniciar un expediente sobre a caducidade de Ence
Por Oskar Viéitez |
-
A última sentenza sobre ENCE leva a Mosquera a recoñecer "obvias discrepancias" no Goberno local
Por Natalia Puga |