Corredoira prepara a 39 edición da súa Festa do Requeixo
Por Redacción
Desde o ano 1980 non falla á súa cita. Corredoira, en Cotobade, prepárase para a que será a XXXIX edición da súa Festa do Requeixo, que xunto ás celebracións en honra a San Antón e a Santa Bárbara prolongarán a actividade festiva durante toda a fin de semana de 15, 16 e 17 de xuño.
A festa iniciarase o venres 15 de xuño coa venda de churrasco, polbo e requeixo nun recinto cuberto que estará cuberto por unha gran carpa, todo animado por música tradicional galega a cargo do grupo de gaitas "Os Afoutes do Canón de Pau". Ademais a partir da media noite chegará a quenda da verbena a cargo de orquestras Televisión e Noche de Estrellas.
O día seguinte, sábado16 de xuño, durante o día terán lugar os actos relixiosos seguidos dun concerto da Banda de Música de Cerdedo con verbena nocturna de orquestras Ritmo e Láser.
O 'requeixo da Corredoira' prepárase de maneira artesanal e a cantidade dispoñible non é demasiada e adoita esgotarse. Por iso como noutras ocasións a organización recomenda acudir con tempo á festa para non quedar sen degustar o manxar.