Lores sobre a oposición aos composteiros: "quen non queira colaborar polo menos que non poña paus nas rodas"
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores indicaba este martes que respectaba todas as opinións sobre os composteiros pero lembrou que ata o momento non se rexistraron problemas de malos cheiros en ningún punto nos que se atopan situados estes colectores de materia orgánica como o campus universitario, a Brilat ou Monte Porreiro.
Por este motivo, Fernández Lores xustificaba estas opinións contrarias á falta de información por parte dos veciños. Insistiu en que a tendencia razoable que se está buscando é a recuperación máxima de todo o lixo. "É un malgasto mandala queimar ou a un vertedoiro incontrolado", afirmou o alcalde da capital.
Pediu "máis altura de miras" ás persoas que fan campaña contra a compostaxe e que defendan a mellora do Medio ambiente. Fernández Lores asegurou que hai máis demanda da prevista e por iso irán aumentando o número de composteros comunitarios, pero incidiu en que se trata dunha opción individual: "a xente que non queira colaborar polo menos que non poña paus nas rodas".
O rexedor sinalou tamén que o goberno local ten a "tortura" de levar adiante un proxecto pioneiro que non está asumido aínda pola poboación e lembrou a directiva europea que obrigará en 2020 a compostar un 50% da materia orgánica que se produce. Aproveitou tamén para criticar a oposición frontal do Partido Popular e doutras forzas políticas que están a facer campaña en contra deste plan de compostaxe.
Relacionadas:
-
Veciños de Eduardo Pondal e Ponte Boleira paralizan durante dúas horas a instalación dos composteiros
Por Anxo Lourido |
-
Jacobo Moreira: "Nosotros no creemos en los composteiros comunitarios, creemos en los individuales"
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local confía en que os veciños "de boa fe" vexan como os composteiros non causan molestias
Por Anxo Lourido |
-
Veciños de Ponte Boleira opóñense á "inadmisible" instalación dun composteiro fronte a un edificio
Por Redacción |
-
O PSOE pide a Lores que evite facerse a vítima no debate sobre os composteiros
Por Redacción |
-
Veciños contra o composteiro de Eduardo Pondal: "Que digan la gente que no lo ha pedido"
Por Natalia Puga & Clara Alonso |
-
300 sinaturas en contra do composteiro de Eduardo Pondal
Por Redacción |
-
Eduardo Pondal inaugura a súa central de compostaxe
Por Alejandra Iannone |