O Partido Popular de Pontevedra pide a creación dun parque canino na zona do Gafos
O Partido Popular, a través do concelleiro José Luis Martín, propón a construción dun parque destinado aos cans da cidade. O lugar escollido para este espazo sería a zona da senda fluvial do río Gafos, que supón una grande extensión de terreno, con zonas verdes e que xa actualmente moitos veciños utilizan para o paseo diario das súas mascotas.
Así o expoñía o concelleiro popular, que considera que cada vez son máis os cans censados na cidade de Pontevedra.
Tendo este aspecto en conta, o Partido Popular de Pontevedra afirma que habilitar un espazo de uso exclusivo para o uso canino é necesario na cidade, xa que de este modo se pode acadar unha mellor convivencia entre cans, donos e os demais pontevedreses que non teñan unha mascota. Os populares denuncian a presenza de excrementos destes animais nas rúas da cidade.
Os populares entenden que coa súa proposta os cans tamén poderán socializar con outros, tendo en conta, que moitos deles adoitan pasar a maior parte do tempo no domicilio dos seus donos ou en zonas puramente urbanas.
O PP de Pontevedra leva xa un tempo traballando neste asunto, segundo expoñen. Cren que esta vía é a maneira de solucionar ou evitar conflitos que moitas veces se crean entre os donos dos cans e o resto de viandantes, xa que se poden dar situacións tensas ou de desacordo en canto aos espacios nos que deben coincidir as mascotas cos veciños, e sobre todo, polos conflitos que se orixinan pola presenza de excrementos e situacións pouco hixiénicas nas beirarrúas.
Ademais destacan que esta obra se podería levar a cabo sen necesidade dun grande investimento, xa que é un proxecto factible e sinxelo. A infraestrutura necesaria que propoñen consta dunha parcela acotada e ben pechada, bancos para os donos e bebedeiros. Pensan tamén en equipar á parcela con diversas papeleiras e dispensadores de bolsas, de modo que os donos teñan todas as facilidades a man.
Con esta iniciativa o PP cre que se garantiría a seguridade dos cans e de todos os pontevedreses, xa que os animais poderían estar soltos sen usar as correas e sen o perigo de saír á estrada, de entorpecer o tránsito peonil normal ou de crear altercados con outros cans en espazos de paso.
Nesta presentación da moción que se debatirá no pleno, destacan como diversos colectivos pediron xa en anteriores ocasións a construción de este tipo de parque; entre eles, a Asociación de Protectores de Animais Galicia de Pontevedra ou a asociación Os Palleiros.