Os socialistas demandan ao goberno municipal medidas para garantir a igualdade salarial entre mulleres e homes
Por Redacción
"Non basta con predicar, tamén hai que dar exemplo. O goberno municipal debe tomar medidas para garantir a igualdade salarial entre mulleres e homes". Así de contundente se manifestou Paloma Castro, concelleira do PSOE tras presentar unha iniciativa na que reclama medidas activas para solventar ese problema.
O grupo municipal do Partido Socialista no Concello de Pontevedra ven de rexistrar unha moción na que instan ao goberno local a incluir nos pregos de cláusulas dos contratos a obriga por parte do contratista de dar cumprimento á normativa vixente en materia de igualdade efectiva ente mulleres e homes tal e como dispón a Lei Orgánica 3/2007.
"Actualmente nos pregos non se está a incluír esta obriga e aos socialistas parécenos que non é de recibo que un goberno que pretende xestionar dende a esquerda esqueza a loita pola igualdade nun ámbito tan importante", indicou a concelleira Paloma Castro.
Os socialistas entenden que a través da consecución de obxectivos sociais na contratación pública avanzarase na igualdade efectiva entre homes e mulleres.
Relacionadas:
-
Nova convocatoria das axudas da Xunta para a promoción da igualdade
Por Redacción |
-
A visibilización do papel da muller no deporte centrará os actos do 8 de marzo en Marín
Por Redacción |
-
A Xunta implica ás asociacións de veciños nunha campaña de prevención da violencia de xénero
Por Mónica Patxot & Redacción |