María Rey non negociará co BNG o orzamento municipal
Por Redacción
"Non hai nada que negociar". Así de contundente mostrouse a portavoz de Cidadáns, María Rey, que avanzou este venres que non sentará co BNG para negociar o orzamento municipal de 2018 ao ser un "curta pega" de anos anteriores e incluír como única declaración de intencións "rirse dos veciños do rural".
Rey asegura que Cidadáns está "nas antípodas" do BNG e que as contas que ultima o goberno municipal "deixan claro que seguen sen saber cara a onde vai".
Os únicos que, segundo a concelleira, ten as ideas "claras" son Marea Pontevedra, que "se suman á idea de toda a oposición" para impulsar un plan de emprego e á necesidade de dotar á cidade dunha renda social básica.
Pontevedra, engade María Rey, necesita un plan económico e un plan ambiental "íntegro" para que no futuro "aos nosos fillos non lles falte o traballo e a auga".
Dous millóns para casas de cultura e 900.000 euros para composteiros "non son ningún premio para o rural", do mesmo xeito que os lombos, "mentres que aínda segue habendo parroquias sen abastecemento de auga nin saneamento".
"Preocúpanse de culpar a Ence da falta de auga cando os pozos do rural están secos", engade a portavoz de Cidadáns, que asegura que o quecemento global "non se soluciona poñendo oito mil composteiros nin alugando unha leira na Canicouva para unha planta de compostaxe que segue sendo inexistente".
Ademais, critica que se destinen só 40.000 euros para melloras tecnolóxicas e "pouco ou nada" para promoción económica ou para solucionar os problemas "reais" dos veciños.
Neste sentido, a concelleira asegura que Pontevedra "está a converterse nunha cidade sucia e escura onde queda patente a falta de mantemento" e subliña que non resulta "estraño" que neste proxecto de orzamentos baixe a partida destinada a investimentos "porque esta partida nunca se cumpriu".
Relacionadas:
-
O PP votará en contra dos orzamentos ao comprobar que son para obras do pasado
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A postura de Marea co orzamento municipal será a de "Junts pel sí o per l'abstenció"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP ve ao BNG "desconectado" de Pontevedra cun orzamento "malo y continuista"
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello buscará a solución "máis acaída" para Barcelos
Por Alejandro Espiño |
-
Luz, auga e a xestión do lixo custarán case 17 millóns de euros en 2018
Por Alejandro Espiño |
-
A metade dos investimentos municipais para 2018 será no rural
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Marea propón incluír no orzamento de 2018 un plan de emprego xuvenil
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello asumirá a "gran maioría" das propostas veciñais ao orzamento municipal
Por Alejandro Espiño |