O goberno provincial levará ao pleno unha modificación de crédito de 12,8 millóns de euros
Por Oskar Viéitez
O goberno provincial levará á orde do día do próximo pleno da Deputación de Pontevedra unha modificación de crédito de 12,8 millóns de euros.
Este martes en rolda de prensa, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do vicepresidente provincial, César Mosquera, informou dos dous expedientes que conforman esta modificación de crédito.
O primeiro deles ascende a 8,4 millóns de euros, do que o 76% son partidas destinadas ao plan de reequilibrio que financiará obras singulares en concellos de menos de 20.000 habitantes e que leva 6 millóns de euros. Ademais inclúense 300.000 euros para completar a redacción dos plans municipais de mobilidade sustentable e outros 2 millóns para o convenio co Concello de Pontevedra.
O outro suplemento de crédito elévase a 4,4 millóns de euros, "dos que o 90,4% van destinados aos concellos", fundamentalmente a cofinanciar proxectos europeos de cooperación e emprego. Tamén se inclúen fondos para o proxecto de colaboración en política forestal coa Universidade de Vigo, para os parques forestais e 3,4 millóns para convenios para a reforma de estradas.
SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS SINGULARES
Carmela Silva tamén informou que finalmente serán 25 os concellos beneficiados pola liña de subvencións da Deputación de Pontevedra para "investimentos e dotacións singulares do reequilibrio territorial dos servizos" en concellos con menos de 20.000 habitantes.
Son concellos "de todas as cores políticas", sinalou Silva.
Un total de 18 solicitudes foron rexeitadas por incumprir as bases da convocatoria.
Entre os concellos beneficiarios de proxectos singulares incluídos no Plan de Reequilibrio Territorial da Deputación de Pontevedra están:
- Barro levará adiante a nova piscina municipal en Outeiro
- Caldas de Reis fará a edificación para a Escola de Música, Escola Taller
- Moraña rehabilitará o antigo mercado municipal para edificio socio-cultural multiusos
- Campolameiro poderá facer o Centro de Estancia
- Ponte Caldelas humanizará a Praza de España e do primeiro tramo da Avenida de Vigo
- Vilaboa afrontará a fase II da remodelación do Club de Piragüismo
Relacionadas:
-
A Deputación asinará a finais de ano os convenios cos 25 concellos beneficiarios do Plan de Reequilibrio
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os investimentos da Deputación nos concellos, no centro do debate político
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PP denuncia o reparto "a medida" do plan de reequilibrio da Deputación e pide a súa paralización
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A que dedicarán os concellos da comarca o plan de reequilibrio provincial?
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación poñerá a disposición dos concellos máis de 90 millóns de euros en axudas polos incendios
Por Oskar Viéitez |