O consumo enerxético do alumeado do polígono de Sequeiros será un 75% máis barato
Por Redacción
Co obxectivo de conquerir un aforro importante no consumo de enerxía eléctrica, o Concello de Barro elaborou o proxecto de mellora de eficiencia enerxética na iluminación pública do parque empresarial de Sequeiros, cun orzamento de 20.228,63 euros.
Este proxecto conta cunha subvención do 80% do seu custo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, por importe de 15.998,46 euros, dentro da liña de axudas para a habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais.
A actuación foi executada pola empresa Elecnor S.A. e consistiu na substitución das luminarias existentes nos 46 puntos de luz do polígono por unhas novas con tecnoloxía LED, coa que se vai conseguir un aforro aproximado dun 75% no consumo de enerxía eléctrica e, ao mesmo tempo, nas facturas a pagar polo Concello.
Relacionadas:
-
Barro propón conectar o polígono de Sequeiros coa rede de saneamento de Pontevedra
Por Redacción |
-
Barro vai investir 300.000 euros en mellorar os equipamentos e infraestruturas
Por Redacción |
-
A Xunta aproba axudas para melloras nos polígonos
Por Redacción |
-
A rotonda de acceso ao polígono de Sequeiros estará rematada no verán
Por Oskar Viéitez |