María Rey pide implantar unha APP para que os cidadáns alerten de incidencias
Por Redacción
Unha aplicación móbil para que os cidadáns poidan advertir de incidencias e danos no equipamento urbano. É a proposta que realiza Cidadáns ao Concello de Pontevedra, vía moción ao pleno da corporación.
A portavoz de Cidadáns, María Rey, sinalou que se trata da primeira iniciativa sobre melloras tecnolóxicas que propoñerá para que Pontevedra "poida converterse nunha cidade intelixente ou smart city".
A idea é que o Concello estude a implantación dunha aplicación de descarga gratuíta coa que os cidadáns poidan comunicar as incidencias que detecten e que, a través dun portal web personalizado, póidanse xestionar estas incidencias e comunicar mensaxes de interese como cortes de tráfico, obras ou eventos na cidade.
A proposta inclúe tamén o estudo da posta en marcha dun servizo de consultoría ambiental para todos os cidadáns e empresas do municipio, con resposta nun tempo máximo de 24 horas.
En definitiva, sinala María Rey, a idea é dotar ao Concello dunha ferramenta eficaz para a xestión de incidencias.