Un choque múltiple en Barro deixa un ferido e problemas de circulación na N-550
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida nun choque múltiple acontecido á primeira hora da mañá deste venres na N-550 ao seu paso por Barro.
Tres turismos víronse involucrados no accidente, que tivo lugar á altura de Porráns.
A persoa ferida foi axudada a saír do coche por varias persoas que se atopaban no lugar, segundo informa o 112 Galicia.
A central de emerxencias recibiu unha chamada de alerta dun particular ás 8:40 horas da mañá, polo que se deu aviso ao 061, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.
O accidente condicionou o tráfico na estrada nacional ao ocupar os coches implicados os dous carrís de circulación.