O colexio de Rubiáns, finalista nacional do Premio á Acción Maxistral 2017
Por Oskar Viéitez
O proxecto "Mar de Sabela" presentado polo CEIP de Rubiáns de Vilagarcía de Arousa foi seleccionado finalista nacional do Premio á Acción Maxistral 2017, convocado pola Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD), a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO e o BBVA.
O colexio de Rubiáns foi elixido na categoría de Infantil e Primaria xunto a outros tres centros procedentes de Castela e León, Madrid e Comunidade Valenciana.
No premio -que celebra este ano a súa décimo terceira edición- puideron participar docentes que realizan proxectos educativos de promoción de valores sociais. Presentáronse un total de 389 proxectos educativos, 48 deles galegos, que se desenvolveron durante o curso 2016-2017.
O "Mar de Sabela" é un proxecto de carácter globalizador que ten a finalidade de fomentar o consumo de produtos do mar e conseguir que os alumnos valoren e respecten o medio mariño, tomando conciencia da súa importancia a nivel social, económico e ambiental.
A través desta iniciativa, que involucra a todos os niveis educativos, especialidades e equipos de traballo, preténdese que o alumnado aprecie a riqueza e variedade do patrimonio cultural, respectando a súa biodiversidade e favorecendo a súa conservación.
Relacionadas:
-
O proxecto de axuda aos refuxiados 'Tecidos de paz', do Luis Seoane, finalista dos premios Acción Magistral
Por Redacción |
-
Mira o divertido vídeo 'O mar de Sabela' do CEIP de Rubiáns, vencedor nos Premios Proxecta da Xunta
Por Redacción |
-
Estudantes arousanos concienciaránse na necesidade de defender a ría
Por Redacción |
-
Proxectos de Educación en Valores de Pontevedra, Vilagarcía e O Grove, finalistas do Premio á Acción Maxistral 2016
Por Redacción |