A Deputación reitera a súa vontade de "erradicar" a violencia no Príncipe Felipe fronte á "campaña orquestrada polo PP"
Por Oskar Viéitez
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, e a deputada delegada da cidade infantil Príncipe Felipe, Eva Villaverde, expresaron este xoves a súa "firme vontade" de resolver os problemas xerados polos "menores violentos ou protodelincuentes" que deberían ser trasladados a outros centros especializados e que a Xunta envía a estas instalacións xerando problemas de violencia e inseguridade que están a sufrir o resto de menores en acollemento e traballadores.
"Baixo ningún concepto a Deputación vai tolerar que Príncipe Felipe se siga deteriorando por culpa disto", defendeu Mosquera.
Para contestar á "campaña orquestrada polo PP" en defensa do convenio que ampara o ingreso destes menores no centro xestionado pola Deputación, o goberno provincial esgrimiu hoxe un completo informe elaborado pola dirección do Príncipe Felipe no que se relata unha longa lista de incidentes provocados por estes "nenos con necesidades especiais".
Nesta "campaña do PP" incluíu Mosquera ao vicepresidente da Xunta, ao conselleiro de Política Social, á directora xeral de Familia e ao grupo provincial do Partido Popular cuxa "maior demanda é que siga o convenio tal e como está e que sigan os menores violentos alí" mediante un convenio que cualificou de "desalmado" ao "poñer en risco a integridade e a formación de douscentos rapaces por poñer alí a cinco ou seis".
A deputada Eva Villaverde falou este mércores coa directora xeral de Familia para solicitar unha reunión despois de enviarlle varias propostas de solución por escrito á Dirección Xeral de Menores.
Ademais Villaverde trasladou as súas queixas á directora xeral pois tamén considera que "os métodos de presión que está a levar o Partido Popular non son os máis adecuados para chegar a unha solución consensuada" a este problema e advertiu que "se pretenden por esa vía forzar que todo siga igual non o van a conseguir" porque co actual goberno da Deputación "non funcionan ese tipo de métodos".
"Estamos abertos a todo o diálogo do mundo, pero o problema dos menores violentos tense que resolver si ou si, é unha liña vermella absoluta, radical", engadiu o vicepresidente da Deputación.
"O problema dos menores violentos tense que resolver si ou si, é unha liña vermella absoluta, radical"
Ademais dos 11 millóns de euros consignados cada ano para Príncipe Felipe, Mosquera indicou que a Deputación destinou este ano outros dous millóns de euros máis en novos investimentos e apuntou que neste momento trabállase na renovación da dirección dos catro centros de acollida existentes na Cidade Infantil, "estamos a facer os maiores esforzos para que funcione o mellor posible", destacou. Pola súa banda, segundo Mosquera, "a Xunta está a poñer 782.000 euros ao ano" o que "non dá nin para arranxar os danos dos rapaces violentos que mete alí e o reforzo de seguridade".
Nesta xestión para "mellorar" Príncipe Felipe o vicepresidente da Deputación enmarcou a intención de "erradicar" eses poucos menores "extremadamente violentos" que a Xunta "se empeña en mandar".
Relacionadas:
-
Rey Varela celebra o acordo coa Deputación por Príncipe Felipe
Por Alejandro Espiño |
-
O novo plan de autoprotección do Príncipe Felipe garantirá a seguridade
Por Redacción |
-
Acordo para evitar que os menores conflitivos ingresen na Cidade Infantil Príncipe Felipe
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
A Xunta e a Deputación manterán unha xuntanza este xoves para tratar o conflito do Príncipe Felipe
Por Anxo Lourido |
-
O PP solicita un pleno extraordinario para "fixar a postura" da Deputación sobre Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
José Ramón Piñeiro: "Non debería haber moitos problemas para chegar a un acordo" en Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez |
-
Presentan catro propostas para "erradicar de raíz" a violencia e o deterioro de Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
A Xunta tende a man á Deputación para falar dos menores do Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación potenciará Príncipe Felipe: "Non hai ningunha discusión sobre o seu futuro"
Por Oskar Viéitez |