Protesta dentro dos xulgados "para que se mantenga un servicio público que es de todos"
Por Natalia Puga
O anteproxecto de lei da reforma integral do Rexistro Civil polo que o Goberno central pretende privatizar o servizo xerou crispación entre os traballadores do ambito da Xustiza. Pontevedra non se quedou atrás e este xoves realizou o seu primeiro acto de protesta contra unha medida que supón "la privatización de competencias que hasta ahora teníamos de forma gratuíta todos los españoles".
Manuel Valle Alonso, do sindicato CSIF, falou en nome de todos os sindicatos con representación nos xulgados pontevedreses, que se constituíron en plataforma única. Sinalou que "todos estamos unidos" e que reclaman"que se mantenga el servicio público que tenemos hoy y que es de todos".
A protesta estaba convocada ás portas dos xulgados da Parda e reunión a entre 60 e 70 traballadores, que contaron co apoio do xuíz decano de Pontevedra, Ignacio de Frías Conde, e con representantes de sindicatos como UGT, CIG, CSIF, USO ou STAJ.
O forte vento que sopraba na zona levounos a refuxiarse nos soportais do propio edificio xudicial e, a continuación, a levar a protesta ao interior dos xulgados, xusto diante do Rexistro Civil, que permaneceu pechado durante máis de media hora.
Alí pediron a implicación dos cidadáns nas súas reivindicacións, pois aspiran a que "la ciudadanía sea consciente de que nos afecta a todos y de que no solo hablamos del Registro Civil, sabemos que va a haber más servicios como, por ejemplo, los trámites que haces cuando pides una hipoteca o contratas un seguro de vida".
Os sindicatos reprochan que os únicos trámites que seguirán sendo gratuítos se o anteproxecto de lei segue adiante e o Rexistro Civil pasa ás mans dos rexistradores da propiedade son as partidas de nacemento e defunción, pero "durante toda la vida de una persona tenemos 50.000 trámites por los que vamos a pagar".