Para o PP as "sombras de la sospecha" sobre Carmela Silva "están manchando" a Deputación
Por Alejandro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
As investigacións xudiciais que afectan a funcionarios e políticos do Concello de Vigo chegarán ao pleno da Deputación de Pontevedra. Farao a través dunha moción que presentará o PP para esixir "explicaciones" á súa presidenta, Carmela Silva, sobre estes presuntos casos de corrupción, especialmente polo suposto enchufe da súa cuñada.
Nunha rolda de prensa celebrada na sede provincial do PP, a deputada Elena Muñoz, tamén portavoz dos populares vigueses, asegurou que as "sombras de la sospecha" que están a provocar estes procesos xudiciais "están manchando" o nome da deputación pontevedresa, polo que esixiu a Silva que "sea valiente" e que "no se esconda más".
A pesar destas investigacións comezaron "hace meses", Muñoz asegurou que "sorprendentemente" a presidenta da Deputación e tenente de alcalde no concello olívico "no ha dado las explicaciones que merecen todos los pontevedreses" e limitouse, dixo, a "amenazas e insultos" contra os dirixentes do PP.
A deputada popular reiterou que a xustiza investiga "delitos gravísimos" como prevaricación, malversación e falsidade en documento mercantil no caso do suposto enchufe á cuñada de Carmela Silva.
A iso súmase, explicou Elena Muñoz, a recente imputación de dous edís do PSOE por prevaricación administrativa, nomeamentos ilegais e malversación de caudais públicos por conceder un plus ao mesmo funcionario que está investigado polo caso anterior e sobre o que existen "muchas dudas".
"Son muchas conductas que deben ser explicadas", sinalou a deputada do PP, que engadiu que todas elas "apuntan directamente a Silva", cuxo círculo máis próximo "tiene una gran facilidad para encontrar trabajo".
Na moción, os populares tamén se dirixirán ao BNG, socios de goberno dos socialistas na institución provincial, para que expliquen o seu "silencio absoluto y sorprendente" sobre esta cuestión, xa que sinalou que os nacionalistas "gobiernan con deputados que están imputados" e o PP "no sabemos qué opinan" respecto diso.
LÓPEZ FONT ACUSA A MUÑOZ DE "GRAVÍSIMAS" INXURIAS
Tras coñecer o contido destas declaracións, o portavoz do grupo provincial do PSdeG-PSOE, Carlos López Font, cualificou de "gravísimas" inxurias e calumnias as acusacións "sen fundamento" da deputada do PP que, dixo, están baseadas en "burdas mentiras".
López Font acusou a Muñoz de "mentir sen ningún rubor" para seguir as ordes de Alfonso Rueda e Núñez Feijoo, aos que consideran como os "verdadeiros muñidores desta estratexia de insultos que só buscan escurecer a xestión de Silva ao fronte da institución".
"Eles están a gusto nos vertedoiros de lodo pero non nos van a encontrar no medio do seu lixo. Non imos contribuír ao continuo desprestixio da política no que está inmerso o Partido Popular", concluíu.