A Lama súmase á mancomunidade Terras de Pontevedra e Barro estuda volver
Por Alejandro Espiño
Crece a mancomunidade Terras de Pontevedra. A Lama forma parte xa deste organismo que traballa para poñer en valor, mellorar e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos, a partir de agora, oito municipios que a integran.
Anabel Gulías explicou que a mancomunidade se amplía tamén grazas á fusión entre Cerdedo e Cotobade, ao incorporar todo o territorio do primeiro destes dous municipios. Ademais, Barro -que a abandonou hai anos- estuda agora volver integrarse nela.
Xunto con estes cambios, a xunta directiva acordou traballar para duplicar o orzamento de Terras de Pontevedra que, o pasado ano, tivo un orzamento de 102.915 euros.
As achegas económicas fanse de forma proporcional entre os concellos que a forman: Pontevedra, Poio, Marín, Ponte Caldelas, Campo Lameiro, Cotobade-Cerdedo, A Lama e Vilaboa.
Ademais, os concellos aprobaron a renovación do convenio coa Xunta, ao entender que a colaboración entre institucións debe ser un dos eixos centrais da súa actuación para poder vender turisticamente todo o seu ámbito de actuación dunha forma conxunta.
A edil do BNG explicou que sería un "erro garrafal" que cada concello se "venda" por si mesmo e apostou por "reforzar alianzas" para situar a comarca como destino turístico.
Relacionadas:
-
Terras de Pontevedra convoca os seus primeiros Premios de Comunicación Turística
Por Alejandro Espiño |
-
Unha APP da arte rupestre e un turismo máis accesible, retos de Terras de Pontevedra
Por Redacción |
-
Petra, imaxe e impulso da ruta de arte rupestre de Terras de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Terras de Pontevedra reedita a súa aposta contra os minifundios turísticos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |