O obsoleto punto fixo de doazón de Pontevedra xa é historia
Pontevedra estrea centro de doazón. A caseta, situada na chaira contigua ao Hospital Provincial, substitúe ao módulo provisional que durante varios anos deu servizo xunto á entrada de Urxencias. A renovación antollábase necesaria debido á escasa capacidade do anterior punto de recollida e á súa antigüidade.
O centro de extracción, a cargo da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), abría as súas portas este martes 21 de febreiro tras un día de parón por traslado e xa contaba con doantes dispostos a probar as novas instalacións. A caseta conta con 3 puntos de extracción, un máis que a anterior, aínda que por agora só se poderá realizar unha extracción sanguínea á vez.
Fernando de la Fuente, asiduo doante, comenta a necesidade da renovación dunhas intalaciones que consideraba "obsoletas". "Al final aquello era un galpón de obra" que non cadraba coa sensacíon de hixiene que deberían transmitir este tipo de instalacións. A nova localización mellora considerablemente a imaxe que transmitía a anterior, cambiando a cuberta metálica por taboleiros de madeira e dispón dun interior de aspecto estéril e luminoso. "Estabas dando tu sangre y daba la sensación de que ibas a un garito", remata Fernando á hora de facer comparacións.
A gran diferenza entre os puntos de doazóns fixos e as unidades móbiles é que só nos primeiros dispoñen de máquinas de extración de plaquetas, unha práctica non tan coñecida como a doazón regular pero moito máis eficiente e necesaria. Iván Janeiro, outro doante con moito percorrido, explica que "separan o plasma, as plaquetas e os glóbulos e utilízanse por separado", e serán empregadas en casos de cancro ou transplantes. Os 50 minutos de media e a impresión que supón a máquina coa que se realiza parece que asustan a outros doantes, pero Iván quere mandar unha mensaxe de tranquilidade e animalos a tentalo. "Es como una donación normal y corriente" pero sobre todo, ""mucho más práctica".
O novo local de extracción ten un horario de mañá os luns e venres de 8:00 horas a 15:00 horas e de tarde os martes, mércores e xoves de 15:00 a 22:00 horas.
Relacionadas:
-
Pontevedra conmemora o Día Nacional do Transplante animando a sacar a tarxeta de doante
Por Mónica Patxot & Luca Yohan Silva Lamy |
-
Aumenta a doazón de sangue entre os vilagarciáns
Por Redacción |
-
En Marea rexeita que o Hospital Provincial se destine a residencia de maiores
Por Oskar Viéitez |
-
A nova vida do Provincial despois do Gran Montecelo: rehabilitación con derruba de partes engadidas nos 70
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Unha residencia de maiores para 120 persoas, novo uso para o Hospital Provincial
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra estrea un novo local de doazón de sangue situado na Praza do Hospital
Por Redacción |