Marea Pontevedra quere que a Boa Vila se incorpore á rede da Xunta para fomentar o cooperativismo
Por Oskar Viéitez
Marea Pontevedra presentou unha moción para instar a Xunta de Goberno local a solicitar a adhesión á rede Eusumo da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social.
A proposta da formación liderada por Luís Rei inclúe constituír unha agrupación de entidades locais cos concellos máis próximos que permita contar de xeito conxunto con persoal técnico financiado pola Xunta de Galicia.
A rede Eusumo conta actualmente con preto de 160 organizacións adheridas, entre as que se inclúen entidades locais, asociacións de empresas, universidades ou fundacións.
Marea Pontevedra xa solicitou que o orzamento municipal para 2017 incluíse recursos para impulsar a economía social na Boa Vila, algo que se concretou na admisión de dúas das súas emendas: unha, para levar a cabo un estudo das potencialidades da economía social, e a outra para o fomento da mesma.