Detido un mozo por pegar á súa parella diante dos fillos, de curta idade
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra detivo na noite do xoves 5 de xaneiro un veciño de Pontevedra de 33 anos como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras presuntamente agredir a súa parella no domicilio familiar en presenza dos seus fillos, de curta idade.
Segundo informou a Policía Local, a detención foi posible grazas á colaboración cidadá. Todo ocorreu pouco despois da media noite, sobre as 00.30 horas. Un veciño chamou por teléfono á Policía Local alertando dunha forte discusión entre un home e unha muller no interior dunha vivenda e indicou que escoitou o seus berros e choros de nenos.
Tras recibir a chamada, os axentes trasladáronse á casa, pero nun primeiro momento ninguén lles abriu a porta. Segundo relatan fontes oficiais da Policía, escoitaron como a muller pedía ao home que deixara de pegarlle e lle permitise abrir a porta aos policías.
Pasado un tempo, logrou abrir e os axentes atopáronse con ela moi nerviosa e chorando. Contoulles que a súa parella a agredira, que non era a primeira vez e xa denunciara en anteriores ocasións. Neste caso, agarrouna polo pescozo con forza mentres lle tapaba a boca para que non berrara.
Ante o relato da moza e dos veciños, os axentes da Policía Local detiveron ao home.
Relacionadas:
-
Detido un home de 37 anos por un suposto delito de violencia de xénero
Por Oskar Viéitez |
-
Fouces celebra que os pontevedreses "xa non se queden á marxe" en casos de violencia machista
Por Alejandro Espiño |
-
Detido un home de 46 anos por agredir a súa ex parella nun bar da zona monumental
Por Redacción |
-
Novo caso de violencia machista: detido por pegar á súa parella e encerrarse con ela na casa
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Un home de 48 anos, primeiro detido de 2017 por violencia de xénero en Pontevedra
Por Redacción |