Pontevedra, premiada pola mobilidade amable na cidade chinesa de Shenzhen
Por Redacción
A primeira xornada da delegación pontevedresa na localidade chinesa de Shenzhen estivo adicada ao cumio euro asiático das cidades verdes e intelixentes, foro no que o intendente da Policía Local, Daniel Macenlle, defendeu o modelo urbano como un exemplo do que as cidades poden facer para frear -no posible- o cambio climático e aumentar a calidade de vida dos seus habitantes.
Tamén se celebrou o acto de entrega do Premio Soft Mobility ao municipio pontevedrés pola súa aposta polos desprazamentos a pé e en bici.
Segundo informa o Concello de Pontevedra, a entrega do premio realizouse durante unha cea de gala presidida polo director xeral de Desenvolvemento Urbano de China, Chen Hongwan, e o alcalde de Shenzhen, Xu Quin, así como o ex primeiro ministro francés, Jean-Pier Raffarin, que preside a Fundación Prospectiva e Innovación, con sede en París, e que foi o encargado de presentar a Macenlle.
"Recoméndolles que escoiten o caso de Pontevedra, porque é un exemplo dunha cidade pequena que fai moito polo medio ambiente", dixo Raffarin na presentación.
Despois de falar da solución pontevedresa baseada na domesticación do coche, os asistentes realizaron diversas preguntas en torno ás dificultades de moitas cidades para minorar o número de vehículos que normalmente invaden as súas rúas. Tamén interesou bastante o sistema de estacionamento, xa que un dos problemas que presentan moitas cidades chinesas é que as rúas son auténticos aparcadoiros de automóbiles.
Foi tamén Raffarin o encargado de entregarlle a Lores o premio, nunha cerimonia colectiva na que participaron 20 cidades, a metade delas chinas, e a outra metade europeas, entre as que estaban Budapest, París, Angulema, Friburgo ou Montpellier, cada unha delas elexida por un valor determinado. O de Pontevedra eran as solucións para a mobilidade amábel, especialmente a característica do modelo urbano: camiñar e bici, as dúas apostas da mobilidade natural.
O domingo a delegación trasládase a Pekín, onde o luns está prevista unha intervención exclusivamente destinada ao estudo do modelo pontevedrés na sede da empresa mixta de desenvolvemento territorial China Fortune Land Development (CFLD).
A empresa adícase a deseñar novas cidades ou reformar algunhas existentes e está interesada en coñecer o modelo pontevedrés, que minimiza o número de coches e os limita ao tráfico de necesidade.
Relacionadas:
-
Ideas urbanas pontevedresas toman camiño de Montpellier
Por Redacción |
-
O Concello de Pontevedra colabora cun proxecto para promover as relacións de Galicia con China
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Corea do Sur súmase á lista de premios a Pontevedra polo seu modelo urbano
Por Redacción |
-
A 'desautoxicación' de Pontevedra, no Fórum Barcelona de Seguridade Viaria
Por Redacción |
-
Na bienal "Cidades en Transición" de Grenoble falarase da "desautoxicación" de Pontevedra
Por Redacción |
-
Andorra, Grenoble e Sète, interesadas no modelo de cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
De pinza en pinza: un ano agridoce para o goberno municipal
Por Redacción |
-
O PP pide coñecer o custo e a axenda da viaxe do Concello a Pequín
Por Redacción |
-
Pontevedra inspirará o deseño de máis de mil cidades chinesas que se construirán proximamente
Por Redacción |
-
A alta contaminación de Pekin obriga o alcalde de Pontevedra a poñer a máscara
Por Redacción |
-
Un premio en Shenzhen e unha conferencia en Pekín, novos fitos de Pontevedra na China
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, na boca de todos
Por Redacción |
-
A rexión chinesa que inspirou "Avatar" quere irmandarse con Pontevedra
Por Alejandro Espiño |