Lores pide unha reunión "urxente" a Feijóo tras un orzamento "decepcionante" para Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Anxo Lourido
Os orzamentos da Xunta para 2017 son "decepcionantes" para Pontevedra porque neles o goberno galego non recolleu "gran parte" dos compromisos de Alberto Núñez Feijóo con esta cidade. Así o asegurou este luns Miguel Anxo Fernández Lores, que remitirá unha carta ao presidente da Xunta para pedirlle unha reunión "urxente".
O alcalde espera poder "axilizar" a entrevista pendente desde a investidura de Núñez Feijóo como presidente. Fernández Lores, que recoñeceu que o Concello está "preocupado" por este asunto, entende que durante a tramitación dos orzamentos pódense incorporar emendas que "corrixan" as contas autonómicas en beneficio de Pontevedra.
Neste sentido, o portavoz do goberno local e concelleiro de Facenda, Raimundo González, asegurou que con este presuposto a Xunta segue a "mesma tendencia de marxinación" cara a Pontevedra, ao non incluír as "demandas históricas" da cidade, a pesar dos anuncios electorais do presidente do executivo galego.
"Tiñamos a esperanza de que se puidera investir a tendencia pero non foi así", explicou González, que lembrou que máis aló de estudos e partidas xenéricas, o "único" que se recolle para Pontevedra son 11 millóns de euros "para pagar as obras do xulgado", unha obra "suficientemente amortizada" porque, ha dicho, "é o sétimo ano que falamos dela".
Así, o Concello lamenta que o orzamento de 2017 non recolla, entre outras cuestións, a variante de Alba, o saneamento da ría, o saneamento do rural, a dragaxe do Lérez, as obras de mellora en centros educativos, a reforma da PO-531 ou o soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro.
"Esperabamos algún xesto por parte da Xunta", engadiu Raimundo González, para quen a pesar dos estudos e as pequenas partidas "para poñer en marcha algo" o orzamento presentado pola Xunta "non fondo non satisfai as demandas de Pontevedra".
BARÁ: "ORZAMENTOS NEGATIVOS"
O deputado parlamentario do BNG Luís Bará tamén cualificou os orzamentos como decepcionantes e negativos para Pontevedra. Afirma que conteñen presenzas obvias e ausencias clamorosas.
Neste sentido, abundou en que non existe ningunha previsión para unha infraestrutura tan demandada como a Variante de Alba. A dragaxe do río Lérez tampouco aparece recollido a pesar de ser unha demanda na que insisten o sector marisqueiro e os integrantes do Porto Deportivo, apuntou Bará, que tamén bota en falta investimentos para o saneamento da ría.
O parlamentario nacionalista lamentou a ausencia de cartos destinados ao edificio da Xunta de Galicia en Benito Corbal, cuxa rehabilitación anunciara o presidente autonómico.
Bará afirmou que na rede viaria non hai partidas destinadas á mellora das comunicacións entre a cidade de Pontevedra e Sanxenxo ou Marín. O deputado sinalou que o grupo parlamentario do BNG aproveitará o mes e medio de prazo antes da aprobación dos orzamentos para presentar emendas.
Relacionadas:
-
Feijóo anuncia que a Xunta está disposta a colaborar no financiamento dun novo pavillón de ximnasia
Por Oskar Viéitez |
-
Núñez Feijóo recibirá o venres a Lores en Santiago
Por Alejandro Espiño |
-
As emendas do BNG ao orzamento da Xunta suman doce millóns de euros
Por Alejandro Espiño |
-
A dragaxe da ría acometerase no 2018
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas din que os orzamentos da Xunta para Pontevedra son "raquíticos"
Por Redacción |
-
Moreira defende o orzamento da Xunta: "Son excepcionales. El PP no vende humo"
Por Alejandro Espiño |
-
O edificio xudicial da Parda, principal investimento para Pontevedra da Xunta
Por Redacción |
-
Lores: "A Feijóo só lle faltou prometer un pisito no Caribe a todos os pontevedreses"
Por Alejandro Espiño |
-
Feijóo compromete a variante de Alba, un pavillón de ximnasia e unha nova residencia
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |