Catro novos proxectos empresarias ocupan o viveiro de Barro-Meis
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou este mércores no Pazo provincial a cesión de catro espazos no viveiro de empresas de Barro-Meis, propiedade da institución provincial, nas que tres emprendedores desenvolverán os seus novos proxectos empresariais en tres oficinas e unha nave.
Deste xeito o viveiro, que foi construído no marco dun convenio de colaboración coa Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (Fundación INCYDE), acollerá a empresa de construción "Casas Modulares de Madera S.L.".
Tamén acollerá á empresa de fabricación de mollos e conservas vexetais e á elaboración de marmeladas artesanais "La Mariquita de Azúcar C.B." e, por último, a empresa dedicada ao asesoramento a persoas con actividade no rural e ás mulleres emprendedoras e profesionais do rural "AF Negocios S.L." (esta última ocupará dúas oficinas, unha para cada unha das dúas áreas de traballo sinaladas).
A cesión do espazo foi asinada por un período dun ano, con posibilidade de prórroga ata un máximo de tres.
Relacionadas:
-
Xa podes mercar algunha das 48 parcelas dispoñibles no polígono de Barro-Meis
Por Redacción |
-
Unha nova empresa adicada ao reciclaxe ocupa unha oficina do Viveiro de Barro-Meis
Por Redacción |
-
Tres novas empresas instalaranse no polígono de Sequeiros nos próximos meses
Por Redacción |
-
Tres novas empresas se instalan no polígono de Barro-Meis
Por Redacción |