Campolongo terá dous composteiros: un ao carón da igrexa e outro en Iglesias Vilarelle
Por Redacción
Non un, senón dous. Ese será o número de composteiros comunitarios cos que Campolongo converterase na primeira área do centro da cidade en contar cunha instalación deste tipo. Así o acordaron o goberno municipal e a asociación de veciños do barrio.
Os dous primeiros composteiros que terá Campolongo colocaranse un deles arredor da igrexa e un segundo na zona da rúa Iglesias Vilarelle, próximo ao paseo descuberto do Gafos.
No primeiro caso será de uso mixto para grandes produtores -como restaurantes ou establecementos hostaleiros ou comerciais- e máis veciños, mentres que o segundo será para uso exclusivo da veciñanza.
A concelleira de Medio Ambiente, Carme da Silva, explicou que previa a instalación dos composteiros farase unha campaña informativa coma a realizada en Monte Porreiro, onde hai tres composteiros en funcionamento e vaise a instalar un cuarto. O estudo de necesidades do barrio de Campolongo fixa en 34 o número de composteiros precisos.
Os dous primeiros chegan a Campolongo da man do Plan Revitaliza da Deputación, baixo cuxo paraugas adquiríronse os tres equipamentos instalados en Monte Porreiro e o de Campañó.
A súa instalación comezará en breve, segundo adiantou na xuntanza cos veciños Carme da Silva, que estivo acompañada do tamén concelleiro Alberto Oubiña, o técnico de residuos da Deputación Provincial, Carlos Pérez e unha mestra composteira.