Cervexa artesanal "made in Barro"
Por Redacción
Nunha xornada de fusión gastronómica organizada pola Asociación Cultural Amigos da Fervenza da Barosa, máis de medio centenar de persoas chegadas desde distintos puntos de Galicia, acudiron en primeiro término, a coñecer de man dos propietarios de Saramagal, a elaboración da cervexa artesanal na fábrica situada na parroquia de Agudelo do municipio pontevedrés de Barro.
Tras esta visita os participantes desprazáronse ao Parque da Natureza Ría de Barosa, en cuxo local hostelero, Barosa Gastro, gozaron das receitas elaboradas pola súa cociña e que incluían na mesma a cervexa Saramagal. Así, puideron degustar, coello, ás de pollo ou pan de cervexa, todo acompañado das variedades de Stipe ou Inmaculate Saramagal.
A AC Amigos da Fervenza de Barosa contou entre os asistentes coa presenza das blogueiras gastronómicas Almudena Abalo, AlmuDelicias e a veciña de Barro e tamén blogueira Esther Outón.
Tamén unha parte dos membros de "As aVESPAS do Lérez" Club Vespa - Lambretta de Pontevedra" achegáronse ata Barro para gozar da tarde do sábado.
"A valoración é positiva, logramos que máis de 50 persoas" se achegasen a Barro, coñecesen as súas empresas, coñecesen locais hosteleros, gozasen da beleza de contornas naturais, e houbese un retorno económico para as empresas participantes. Incluso a TVG fíxose eco da xornada que organizou a nosa asociación, e fomos noticia durante o Telexornal de Mediodía o domingo posterior. Satisfacción é a palabra que definiría a celebración do evento" sinalou a Presidenta da AC, Mónica Cons.