O 26 de outubro, folga no ensino contra as reválidas
Por Oskar Viéitez
A Federación provincial de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Fanpa) acordou na súa Xunta Directiva sumarse á convocatoria de folga realizada polos alumnos xunto con CONFAPA-GALICIA e CEAPA e asistirá á manifestación que terá lugar en Pontevedra o vindeiro día 26 na Praza da Peregrina, ás 18.00 horas.
Esta Federación fixo un chamamento á mobilización da comunidade educativa "contra a intención de destruír un modelo educativo de calidade e equidade dos gobernos estatal e autonómico", din nun comunicado.
A Fanpa pide á cidadanía que participe nas mobilizacións que se convocan con motivo da folga xeral educativa de tódalas ensinanzas e etapas, á que están chamados todos os sectores: alumnado, familias, docentes e persoal dos centros educativos e universitarios, que confluirán en diversas concentracións e manifestación por toda Galicia.
O presidente da Fanpa, Rogelio Carballo, participará este martes nunha rolda de prensa xunto a Cristobal Salgueiro, responsable do sector de Ensino de UGT de Pontevedra; Nuria Berdei Montero, responsable do sector de Ensino de CCOO de Pontevedra e Francisco Castro representante do sindicato STEG.
Dende a Fanpa apuntaron dez razóns para que os pais fagan folga contra as reválidas:
- Son un modelo pedagóxico arcaico.
- Os nosos fillos quedasen fose do sistema educativo.
- Deslexitiman ao docente.
- Son realizadas por persoas alleas aos nosos fillos.
- Negásenlles unha titulación aos nosos estudantes.
- Frean o acceso ao Bacharelato e a Universidade.
- Están cuestionadas por toda a Comunidade Educativa.
- Buscan un negocio para uns poucos.
- Son precarias e sen tempo de preparación.
- Loitamos por a educación dos nosos fillos