Seis días de Outubrofest para encher Pontevedra de cervexa e salchichas
Por Mónica Patxot
Van quedar curtos os 7.500 litros de cervexa e as máis de 11.000 salchichas que chegou a despachar o 'Outubrofest'. O motivo é que esta celebración que emula a popular festa alemá do Oktoberfest en Pontevedra terá, por primeira vez, unha duración de seis días.
Organizada polo Pontevedra Rugby Club, a 'Outubrofest' arrancará o vindeiro xoves 27 na carpa instalada na céntrica Praza do Teucro e permanecerá aberta en horario de 12.00 a 00.00 horas ata o 1 de novembro, coa ponte festiva de Todos os Santos.
A concelleira de Deportes do Concello de Pontevedra, Anxos Riveiro, e os representantes do Pontevedra Rugby Club, Félix Álvarez e Víctor Fernández, presentaron este venres a programación da oitava edición deste evento.
Tal e como indicaron, os prezos manteranse igual que fai oito anos, lembramos, a cervexa loura a 3,50 euros a pinta e a 6 euros o litro. A torrada, pola súa banda, ofrecerase a 4 e 7 euros.
Durante o 'Outubrofest' entregarase o galardón 'Máis que rugby' ao club de ximnasia rítmica Treboada para recoñecer o seu importante laboura co deporte basee. O trofeo é unha salchicha de tres metros de longo.
O evento servirá para financiar a actividade do club de rugby pontevedrés para que poida seguir realizando as súas actividades para as categorías de base ao longo do ano. Por este motivo toda o traballo do 'Outubrofest' está realizado por voluntarios, "nunca houbo ningún tipo de altercado, é un ambiente moi familiar, moi san, onde non hai malos rolos e no que se mesturan as pandillas".
Relacionadas:
-
Derrotas de Pontevedra Rugby Club e Mareantes na segunda xornada de liga
Por Redacción |
-
A Outubrofest encara a recta final vento en popa tras recibir xa a 15.000 persoas
Por Diego Torrado & Redacción |
-
As salchichas dun metro triunfan nun Outubrofest con novo récord de público
Por Redacción |
-
Pontevedra xa está de Outubrofest
Por Redacción |
-
O 29 de outubro volve o Outubrofest, unha festa popular que Pontevedra xa "fixo súa"
Por Redacción |