A Xunta Electoral prohíbe a manifestación deste sábado pola "cacicada da PO-234"
Por Oskar Viéitez
A Xunta Electoral Provincial estimou a denuncia do Partido Popular e prohíbe a celebración este sábado da manifestación "contra a cacicada da PO-234".
O goberno local de Ponte Caldelas cre que "a estreita colaboración entre o Partido Popular e o subdelegado do Goberno, Antonio Coello, serviu para acadar os seus obxectivos".
A resolución da Xunta Electoral Provincial foi notificada este xoves, a última hora da tarde.
O goberno local de Ponte Caldelas subliña que a manifestación só resultou aprazada, porque vaise celebrar o próximo sábado 1 de outubro.
Ademáis adiantan que van presentar recurso diante da Xunta Electoral de Galicia porque non comparten os fundamentos xurídicos dunha resolución que "limita o exercizo dun dereito fundamental, recollido na Constitución Española, como é o de reunión e manifestación". Os argumentos utilizados son, a xuízo do Concello, "moi discutibles".
Aínda que dá por feito que a resolución do recurso xa non chegará a tempo para poder celebrar a manifestación, considera importante defender os dereitos fundamentais dos veciños, "que quedaron limitados". Por outra banda, o equipo de goberno quere amosar a súa protesta pola actitude do subdelegado do Goberno, Antonio Coello, a quen acusa de actuar "en connivencia co Partido Popular". Recibida a comunicación previa da convocatoria da manifestación, enviouna, de oficio, á Xunta Electoral Provincial ao considerala un acto de campaña electoral. A Xunta Electoral rexeitou esta primeira intentona o pasado mércores.
Xusto ese mesmo día, o PP presentou recurso. O Concello tivo 24 horas para presentar alegacións. A resolución da Xunta Electoral Provincial, que non é firme, prodúcese xa sen marxe de manobra.
O goberno local de Ponte Caldelas, co seu alcalde á cabeza, celebrará esta noite unha asemblea cos veciños de Laxoso para informarlles desta resolución, así como dos plans municipais para celebrar a manifestación o próximo 1 de outubro "con máis forza que nunca, porque o PP, lonxe de poñerse do lado dos veciños, segue ao seu".
Relacionadas:
-
Andrés Díaz critica a "indefensión" na que a Xunta Electoral deixou aos afectados pola PO-234
Por Redacción |
-
Centos de veciños saen á rúa para instar á Xunta a rectificar a "cacicada da PO-234"
Por Redacción |
-
Piden á Xunta que rectifique os seus plans para a estrada autonómica PO-234
Por Oskar Viéitez |
-
Os veciños de Laxoso e Aguasantas piden a "reforma da totalidade" e non por fases da PO-234
Por Redacción |
-
A manifestación pola PO-234 enfronta ao goberno local de Ponte Caldelas con Cotobade e o PP
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O goberno local de Ponte Caldelas invita á Xunta a rectificar "a cacicada da PO-234"
Por Redacción |
-
Solicitan á Xunta que empece as obras da PO-234 polo tramo Ponte Caldelas-Laxoso
Por Oskar Viéitez |
-
A plataforma de afectados pola PO-234 apoiará a manifestación contra o proxecto
Por Redacción |