O Festival Homenaxe á xente do mar e o Marina Fest dan comezo ás festas de Marín
Por Redacción
Este venres ás 20:30 horas, na Alameda Rosalía de Castro, terá lugar o Festival "Homenaxe á xente do mar", no que participaran a Coral Sociocomunitaria e Añoranza Folk, no que colaboran o Concello de Marín e a Deputación de Pontevedra.
Xa máis tarde, ás 23:00 horas dará comezo o Marina Fest, no Parque Eguren.
Trátase dun concerto para xente nova, que combinará varios estilos como música urbana, sonidos latinos, rap, reggaeton, e bachata, e que contará coas actuacións de "La Ricura", "Romántico Latino", "Guillermo Castro", "Newmaik", "Lester & Robe e Tisu"
Contará como presentadores con "DJ Charlie" e Belén Roca, coñecida pola súa participación nos programas televisivos de "Mujeres, hombres y viceversa" e concursante de Gran Hermano VIP.
MERCA NA PRAZA E RELÁXATE
Por outra banda, dende a Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín, ao cumprirse 9 anos da reforma deste edificio, poñen en marcha unha campaña coa intención de premiar a fidelidade dos clientes.
Deste xeito, todos os postos asociados, repartirán preto de 10.000 rifas que os clientes cumplimentarán e depositarán na urna habilitada para tal fin na propia na praza.
O vindeiro sábado día 9, ás 12.30 terá lugar o sorteo polo cal se coñecerán aos gañadores dos 5 "Bonos Relax" para o Hotel Balneario Illa da Toxa. Ademáis durante ese día, para contribuir a xerar un ambiente de festa, contaremos coa actuación do grupo cubano "SonReal", de 11.30 a 12.30