Vía libre para as expropiacións do acceso ao polígono de Sequeiros desde a PO-531
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes o decreto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de mellora da seguridade viaria da estrada Pontevedra- Vilagarcía (PO-531), en Barro.
A obra afecta á zona de acceso ao polígono de Sequeiros e este decreto de utilidade pública comprende as expropiacións das fincas necesarias para a mellora da estrada autonómica entre os puntos quilométricos 7+700 e 8+350, todo dentro do término municipal de Barro.
O obxectivo principal do proxecto é acadar a redución da velocidade de circulación na contorna do punto quilométrico 8 da estrada, e deste xeito reducir a accidentalidade que rexistra o vial neste tramo.
A Xunta financia estas actuacións mediante a achega económica dun orzamento de máis de 502.000 euros a través da Axencia Galega de Infraestruturas.
Relacionadas:
-
A Xunta quere reducir a velocidade de circulación no acceso ao polígono de Sequeiros
Por Redacción |
-
A Xunta licita as obras para mellorar a seguridade viaria na estrada PO-531 en Barro
Por Redacción |
-
A consellería busca o consenso da veciñanza da Devesa para instalar unha rotonda
Por Redacción & Oskar Viéitez |
-
A Xunta prevé iniciar en abril os trámites de contratación da primeira fase de reforma na PO-531
Por Redacción |
-
Abraldes demanda á Xunta melloras urxentes na seguridade da PO-531
Por Redacción |