Moreira rexeita o novo plan de residuos: "Cada uno volverá a tener un cerdo en casa para que coma los restos"
Por Anxo Lourido
O portavoz do Partido Popular, Jacobo Moreira, mostrou o seu desacordo este martes 8 coa posta en marcha da xestión dos residuos proposto polo goberno local. Para Moreira esta decisión é unha volta ao pasado e a que "cada uno esparza la basura en su finca". O portavoz popular engadiu que ten que haber xestións de residuos unificadas e medioambientalmente sustentable.
O líder dos populares afirmou que o sistema non lles convence porque "vamos a volver a tener un cerdo en casa para que se coma los restos".
Na comisión de Infraestruturas, o enxeñeiro químico asesor da Deputación en materia de tratamento de residuos, Carlos Pérez, explicou aos diferentes grupos o proxecto previsto para o concello de Pontevedra coa posta en marcha da planta de Canicouva. Os grupos da oposición apuntaron algunhas dúbidas que lles ofrecía o proxecto e quedaron para unha nova reunión na que se explicará con máis detalle todo o proceso.
Carlos Pérez, acompañado polo vicepresidente da Deputación e concelleira César Mosquera, indicou que, en efecto, se volve cara atrás no sentido de devolver o orgánico á terra, en evitar cuestións tecnolóxicas innecesarias e no de reducir o número de quilómetros para depositar os residuos en comparación coa planta de Sogama.
O experto engadiu que para o modelo que se quere implantar en Pontevedra séguense os sistemas que funcionan en Navarra e Guipúscoa mentres que o proxecto comarcal aseméllase ao de Austria.
Lembrou ao portavoz popular que non se vai a esparcir o lixo, simplemente percorreranse outras vías para eliminar os residuos. E César Mosquera apuntou que este proxecto obedece á normativa europea, estatal e da Xunta.
Relacionadas:
-
A Lores "non lle entran na cabeza" as críticas do PP ao novo plan de tratamento de lixo
Por Redacción |
-
O novo sistema de recollida de lixo pode reducir á metade o custo real do servizo, segundo un estudo
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra porá en marcha un novo sistema de recollida selectiva de lixo nun ano
Por Anxo Lourido |