O novo sistema de recollida de lixo pode reducir á metade o custo real do servizo, segundo un estudo
Por Natalia Puga
Este luns 7 de marzo, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Servizos, Carme da Silva, reuniranse cos presidentes das federacións de asociacións de veciños Teucro e Castelao, Miguel Vilacoba e Juan Manuel Loureiro, para presentarlles o novo sistema de recollida e tratamento de lixo que está a deseñar o Concello. Con esta reunión iníciase unha nova etapa nun proxecto que o Concello xa ten moi perfilado e que, segundo un estudo económico que se deu a coñecer este sábado, pode reducir á metade o custo real do servizo.
Os concelleiros Carme da Silva e César Mosquera presentaron o informe, elaborado polo enxeñeiro químico Carlos Pérez, asesor de residuos da Deputación dentro do proxecto Revitaliza do organismo provincial. Trátase dun estudo específico para o Concello de Pontevedra que conclúe que, ademais das melloras de carácter "ambiental e social" asociadas ao aumento da reciclaxe e compostaxe, pode haber melloras económicas importantes.
A idea do Concello é que o novo sistema non se implante por fases, senón todo dunha mes vez, pois a experiencia di que "ir pouco a pouco xenera vicios e situacións insolidarias" e, polo contrario, se se aplica dun día para o outro e xa por completo é máis doado que funcione e, ademais, evítase un gasto a maiores. En caso contrario, habería que manter dous sistemas, o actual e o novo, co custo engadido.
O éxito e a reducción de custos basease nun obxectivo estimado de reciclar o 70 por cento dos residuos, que Da Silva e Mosquera ven perfectamente asumibles en Pontevedra, pois se se recicla menos, arredor do 30 por cento, o custo dispárase, podendo chegar a ser superior ao prezo actual do servizo. Na actualidade, o nivel de reciclaxe en Pontevedra é dun promedio do 8 por cento, pero Da Silva non ve os datos equiparables, pois o sistema que se porá en marcha será novo en todos os sentidos.
Se se consegue ese 70 por cento de reciclaxe, é cando se reduciría á metade o custo, o que conlevaría tamén unha baixada na taxa final que pagan os veciños de Pontevedra. De todos os xeitos, o prezo final habería que fixalo en función das características propias de cada zona. Así, Mosquera lembra que na actualidade os veciños do rural, por exemplo, pagan un prezo bonificado
Para que o sistema funcione, é fundamental a implicación dos veciños, que son os que teñen que separar os residuos, tanto os que se depositen nos colectores como os que vaian aos composteiros individuais ou colectivos. Para lograr esa participación veciñal, comenzarán unha fase de información que terá como primeiro paso a reunión deste luns coas federacións Teucro e Castelao, pero que se prolongará ao longo dos vindeiros meses.
O Concello non porá en marcha o novo sistema ata dentro dun ano, pero si que terá unha experiencia piloto xa no barrio de Monte Porreiro e a parroquia de Campañó a partir dos meses de abril e maio e esta mesma semana, o martes, explicará todo o proxecto á oposición na Comisión de Infraestruturas.
Relacionadas:
-
Os veciños de Campolongo piden ao Concello sumarse á experiencia piloto de composteiros comunitarios
Por Redacción |
-
O Concello de Marín está disposto a entrar no plan compost da Deputación
Por Redacción |
-
Os composteiros individuais buscarán acubillo en 7.800 vivendas unifamiliares
Por Redacción |
-
A Cidade Infantil Príncipe Felipe, laboratorio de probas da compostaxe
Por Redacción |
-
Están dispostos os pontevedreses a sumarse ao novo sistema de reciclaxe?
-
A Lores "non lle entran na cabeza" as críticas do PP ao novo plan de tratamento de lixo
Por Redacción |
-
Moreira rexeita o novo plan de residuos: "Cada uno volverá a tener un cerdo en casa para que coma los restos"
Por Anxo Lourido |
-
As Federacións veciñais interésanse polos composteiros para o tratamento do lixo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O PP critica que o goberno de Lores trate de xestionar o lixo sen consultar coa oposición
Por Redacción |
-
Pontevedra porá en marcha un novo sistema de recollida selectiva de lixo nun ano
Por Anxo Lourido |