Abre a inscrición para a sexta 'Pontevedrada' solidaria a Santiago
Por Redacción
A Asociación de Amigos da Pontevedrada (ASAMPO) abre este luns, 1 de febreiro, o prazo de inscrición voluntaria para participar na sexta edición da 'Pontevedrada'.
A marcha solidaria, que o pasado ano reuniu a máis de 700 persoas, ten como obxectivo concienciar á poboación da importancia que ten a doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos.
Do mesmo xeito que en edicións precedentes, completarase unha marcha nocturna e ininterrompida polo Camiño Portugués desde Pontevedra a Santiago de Compostela, un total de 63 quilómetros.
Os interesados en anotarse poden facelo a través do mail pontevedrada@gmail.com, enviando un whatsapp ou chamando aos teléfonos 619 566 303 e 620 821 567.
A sexta 'Pontevedrada' celebrarase o vindeiro sábado 30 de abril, arrincando da Praza da Ferrería ás 20:00 horas.
Relacionadas:
-
1.200 persoas apoian as doazóns camiñando na Pontevedrada 2016
Por Mónica Patxot |
-
A Pontevedrada fai un chamamento para que a Ferrería se converta nunha gran marea vermella en pro da doazón
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
A Pontevedrada xa ten himno
Por Redacción |
-
Asampo levará aos colexios a necesidade da doazón: "Eu dou... ti das... eles viven"
Por Natalia Puga |
-
A chuvia non pode co entusiasmo da Pontevedrada
Por Mónica Patxot |