O PP de Ponte Caldelas pide a renovación do céspede artificial do campo de fútbol municipal
Por Redacción
O grupo municipal de Partido Popular presentou para o seu debate no próximo pleno unha moción para renovar o céspede do campo de fútbol municipal "Chan da Barcia". A moción propón solicitar á Deputación Provincial a inclusión no orzamento de 2016 dunha partida económica para a súa renovación.
A instalacións de "Chan da Barcia" foron inauguradas en 2006 dentro do plan da Deputación para construír campos de fútbol de herba artificial para a práctica deportiva en toda a provincia, sendo o de Ponte Caldelas dos primeiros en ser construído.
Estas instalacións teñen unha vida útil de 10 anos, ao que hai que engadir que este campo sempre tivo un gran uso principalmente por parte da "SCD Ponte Caldelas Escola de Fútbol" cos seus 8 equipos e máis de 130 mozos realizando unha importantísima labor.
Esta obra completaría a renovación levada a cabo en todo o complexo deportivo de "Chan da Barcia" nos últimos anos coa renovación do Pavillón Municipal, a Pista de Tenis e a construción da nova Pista de Pádel.
Relacionadas:
-
As inundacións en Ponte Caldelas provocan graves danos no campo de fútbol de Chan da Barcia
Por Diego Espiño |
-
O contrato da auga abre unha nova polémica entre o goberno de Ponte Caldelas e a oposición
Por Redacción |
-
Andrés Díaz recórdalle ao PP que o novo céspede de Chan da Barcia foi unha promesa "incumprida" por Louzán
Por Redacción |