Prisión comunicada e sen fianza para o detenido polo crime machista de Ponte Sampaio
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra enviou a prisión a José Antonio Lusquiños Bustelo, 'Coco', como presunto autor da morte a coiteladas da súa ex noiva en Ponche Sampaio. O home, de 34 anos, pasou a disposición xudicial na mañá deste domingo e, tras dúas horas de comparecencia, o xuíz decidiu decretar o seu ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza.
O home pasou a noite nos calabozos da Comisaría Provincial da Policía Nacional en Pontevedra despois da súa detención na mañá do sábado por parte da Garda Civil na casa dos seus pais en Soutomaior e sobre as 10.15 horas entrou nos xulgados da Parda. Pouco antes das 13.00 horas abandonaba o edificio xudicial con destino á prisión pontevedresa da Lama.
Fontes xudiciais confirmaron que o home si prestou declaración ante o o xuíz instrutor, pero non transcendeu o contido do seu relato.
O propio xulgado confirmou que non seguirá encargándose deste caso. Colleuno na madrugada do sábado ao atoparse de garda cando se realizou o aviso da aparición de Conchi Reguera Peón tirada na rúa na Rúa da Ponte e, posteriormente, confirmarse a súa morte e a detención do presunto autor da mesma.
Con todo, a partir de primeira hora deste luns o procedemento pasará a tramitalo o Xulgado de Instrución número 3, especializado en violencia sobre a muller. Na Fiscalía desde o primeiro momento asumiuno a fiscal especializada, Marta Durántez.
Relacionadas:
-
O detido polo asasinato machista de Conchi enfróntase a 20 anos de prisión e 25 de 'exilio' de Ponte Sampaio
Por Natalia Puga |
-
A vítima do crime de Ponte Sampaio tiña feridas por terse defendido do seu agresor
Por Natalia Puga |
-
Como é o detido polo crime de Ponte Sampaio?
Por Natalia Puga |
-
O colexio de Ponte Sampaio onde estudara Conchi lembra á vítima do crime machista
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O detido polo crime de Ponte Sampaio recoñece os feitos mentres a arma segue sen aparecer
Por Natalia Puga |
-
"Salí al balcón y la estaba apuñalando. Yo le chillé que la dejara. La cosió a cuchilladas"
Por Natalia Puga |
-
Contundente resposta de Ponte Sampaio ante o crime machista de Conchi: piden "xustiza" e repudian ao "asasino"
Por Natalia Puga |
-
Dúas familias esnaquizadas: a dela evita o velorio e a del chámalle "asesino mal nacido"
Por Natalia Puga |
-
A fuxida frustrada do presunto asasino de Conchi
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
Flores e candeas en Ponte Sampaio para recordar a Conchi
Por Natalia Puga & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
Deteñen en Soutomaior o home buscado polo crime machista da súa ex moza en Ponte Sampaio
Por Natalia Puga | Creada e actualizada