173 solicitudes presentadas nun só día para unha das 20 prazas de mestre composteiro
Por Alejandro Espiño
En tan só un día, a Deputación de Pontevedra recibiu 173 solicitudes de interesados en ocupar unha das vinte prazas para as bolsas de práctica laboral para mestres composteros que outorgará o organismo provincial.
Segundo o vicepresidente provincial, César Mosquera, a demanda está a ser "elevadísima" e destacou que este amplo interese permitirá que os seleccionados para estes contratos laborais teñan unha cualificación adecuada para o posto que van desempeñar.
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o sábado 24 de outubro, dez días naturais despois da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
A remuneración dos bolseiros correrá a cargo da Deputación durante un período de seis meses prorrogables a outros seis meses máis nunha contía de 1.400 euros ao mes (cos gastos de desprazamento incluídos). O seu traballo consistirá no mantemento dos centros de compostaxe comunitaria e no asesoramento e divulgación do sistema. Poderán exercer a súa actividade en varios concellos a un mesmo tempo.
Precisamente, Mosquera avanzou que xa está listo o prego para contratar os composteiros modulares que se instalarán nos municipios que así o soliciten. Investiranse inicialmente 230.000 euros para comprar un total de 450, o que permitirá crear nunha primeira fase "entre 75 e 100 centros de compostaxe". Por agora, xa Barro, Nigrán ou Cambados pediron un número determinado deles.
En principio, a Deputación pedirá que cada un destes centros de compostaxe debe dar servizo a unha poboación de entre 75 e 300 persoas -dependendo dos comercios que estean nese ámbito-, que non disten máis de 200 metros destes núcleos e que exista un compromiso por parte dos axentes sociais e dos futuros usuarios.
Relacionadas:
-
A Cidade Infantil Príncipe Felipe experimenta como facultade de compostaxe
Por Redacción |
-
Máis de 460 persoas aspiran a ser mestre composteiro
Por Redacción |
-
A Deputación de Pontevedra facilita a compostaxe na provincia a través do programa Revitaliza
Por Noticia patrocinada |
-
Este mércores abre o prazo de preinscrición para traballar na Deputación como mestre composteiro
Por Redacción |
-
Máis cartos para a compra de composteiros individuais
Por Redacción |
-
Os primeiros composteiros comunais estarán disponibles no primeiro trimestre de 2016
Por Redacción |
-
Os alcaldes da comarca, dispostos a sumarse ao plan de compostaxe da Deputación
Por Alejandro Espiño |