Vota pola Metasecuoia de Lourizán se queres que sexa a árbore europea de 2016
Por Redacción
A "metasequoia glyptostroboides" (metasecuoia) é unha especie de árbore considerada un fósil vivente. En 1943, se redescubrió un exemplar vivo en Moudao-Lichuan-Hubei, China.
Un destes exemplares atópase no Centro Forestal de Lourizán. As súas sementes proceden do exemplar vivo en China. Plantouse en 1951 e é un dos dous únicos exemplares españois, e o único que se visita nun parque aberto ao público.
O outro exemplar que se atopa en territorio español é o da Ponte de San Miguel en Torrelavega (1956) e pertence á familia Botín.
A metasecuoia opta a ser considerada a árbore europea do ano 2016 (European Tree of the Year). Compite fronte a outras seis candidaturas españolas. Desde o Centro Forestal de Lourizán piden aos pontevedreses que apoien a proposta desta árbore votando pola súa candidatura a través desta web: http://sdlmedioambiente.com/vota-a-os-candidatos-ao-arbol-europeo-2016/.
A decisión final depende dos votos que os cidadáns realicen antes do 30 de outubro.