Fomento empeza a pagar as expropiacións dos terreos afectados pola A-57
Por Oskar Viéitez
O Ministerio de Fomento empezou a pagar a algúns dos propietarios das leiras e propiedades do municipio de Pontevedra que se verán afectadas polo primeiro tramo da autovía A-57, a chamada circunvalación da cidade.
Esta tramo entre Vilaboa e A Ermida afecta en Pontevedra a 884 leiras. Ás comunidades de montes de Marcón, aféctalle unha decena de parcelas que suman máis de 44.000 metros cadrados, en Tomeza o Ministerio expropia cinco terreos que suman 25.000 metros cadrados e na comunidade de montes da Canicouva, a afección limítase a dúas leiras que suman uns 2.500 metros.
O inminente inicio das obras anunciado pola ministra Ana Pastor vén precedido pola expropiación de medio millón de metros cadrados necesarios na capital para acometer esa obra.
En Vilaboa ademais do tramo propio da A-57, inclúese a expropiación dos terreos afectados por un amplo ramal de conexión coa N-550, polo que o número de leiras e veciños expropiados é maior.