O PP elaborará unha ordenanza que regule as características dos lombos
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra elaborará unha proposta de ordenanza que regule as carácteristicas que deben ter os lombos. Con esta iniciativa pretenden corrixir e mesmo eliminar algúns dos máis de 300 pasos de peóns elevados que hai no municipio.
O PP espera que o resto de grupos da oposición se sumen e mesmo poidan facer achegas a esta mandato municipal que "obligará" ao goberno local do BNG para cumprir cos requisitos que se indiquen nesta normativa.
"Trataremos de consensuarla con el resto de los grupos pero creo que aquí no va a haber mucha discrepancia", sinalou o portavoz do PP, Jacobo Moreira, en referencia á moción conxunta de PP, PSOE, Marea e Ciudadanos que deixo só ao BNG na súa defensa dos lombos na contorna do Hospital Montecelo e avogando pola creación de tres "rutas sanitarias" libres destes pasos elevados
Convencidos de que os nacionalistas farán caso omiso desta moción da oposición, os populares cren que a súa ordenanza "es la fórmula, visto que no quieren por las buenas".
"Espero que la normativa la respeten una vez aprobada", engadiu Moreira.
Nunha rolda de prensa celebrada no Concello de Pontevedra, o PP insistiu que a diario os veciños diríxense a eles con queixas sobre os lombos. Entenden no Partido Popular que se poderían aplicar outras medidas de seguridade viaria como son semáforos ou radares.
Segundo detallou o concelleiro José Luís Martín, na ordenanza seguirase o modelo de lombo que aplica o Ministerio de Fomento adecuado a unha vía con velocidade limitada a 30 quilómetros por hora que é duns 10 centímetros de alto, un metro de rampla e unha lonxitude de catro metros.
Actualmente, segundo sinalaron, o Concello de Pontevedra constrúe os seus lombos igualándoos á altura da beirarrúa, o que provoca que haxa tanta diferenza entre uns e outros.
Relacionadas:
-
O PSOE pide "coherencia" a Bará e que se reúna cos veciños de Moldes para falar dos lombos
Por Redacción |
-
O PP aclara que "estamos a favor" dos lombos, incluso en vías sanitarias, se son "legales"
Por Alejandro Espiño |
-
Luís Bará non quere que a súa reunión cos veciños de Monte Porreiro se converta noutro pleno
Por Oskar Viéitez |
-
Familiares de vítimas de atropelos farán pedagoxía social sobre a necesidade do uso dos lombos
Por Redacción |
-
O BNG, disposto a preguntar barrio por barrio se os veciños queren retirar os lombos
Por Redacción |