O concello de Ponte Caldelas levará a cabo inspeccións exhaustivas no crematorio da Reigosa
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas anunciou que levará a cabo unha serie de "inspeccións exhaustivas", entre elas a urbanística e construtiva, para comprobar se o crematorio da Reigosa se axusta a tódalas normativas de obrigado cumprimento ao constatar un forte ritmo, "unha urxencia sospeitosa", imposto pola empresa funeraria nas obras de construción do inmoble que alberga esta actividade co fin de iniciar a súa actividade de maneira urxente.
O goberno municipal de Ponte Caldelas segue a manifestar o seu total desacordo coa ubicación escollida, "e permitida polo ex alcalde Perfecto Rodríguez", para instalar este crematorio, nun lugar do parque empresarial da Reigosa "moi preto dun grupo de vivendas, xunto ás instalacións deportivas e ao carón dun centro de formación e capacitación profesional".
Por elo, o grupo de goberno está a impulsar unha modificación do plan sectorial desa franxa máis próxima ás vivendas co fin de decretar unha protección especial para evitar que ningunha empresa contaminante poida instalarse alí. Esta medida non afectaría ás xa existentes, pero sí protexería á poboación de cara ao futuro.
"É un trámite relativamente sinxelo ante Xestur, que xa temos en marcha, e que se o tivera feito o anterior goberno non se podería instalar o crematorio aí", sinalaron desde o goberno municipal.
A licenza de construción do crematorio atópase inmersa nun proceso xudicial interposto pola Comunidade de Montes da Reigosa todavía por sustanciar, "razón que poidera motivar o acelerado ritmo das obras imposto pola empresa funeraria co fin de condicionar futuras resolucións neste sentido", sinalan dende o goberno local.
SUBVENCIÓN
O goberno local do concello de Ponte Caldelas esixirá explicacións ao Grupo de Desenrolo Rural (GDR) por unha subvención de 80.000 de Fondos Europeos ao crematorio.
"Resulta curioso que nun gran cartel que preside as obras do crematorio se poda ver como aparece unha subvención de 80.000 euros para esta actuación, procedente de Fondos Europeos e concedida polo GDR Pontevedra-Morrazo, do que era secretario Perfecto Rodríguez. Desde logo resulta curioso como o que no seu día chamábamos amizades perigosas agora vemos que poideran ir máis alá…"
O equipo de goberno requerirá do GDR Pontevedra-Morrazo información exhaustiva e urxente sobre o tema "co fin de determinar a idoneidade deste proxecto para poderse beneficiar dunha subvención tan substanciosa e comprobar se realmente esta iniciativa é de interese xeral para a comunidade e, polo tanto, goza do beneprácido da Unión Europea", sinalaron desde o equipo de goberno.
MENTIRAS
O equipo de goberno amósase tamén sorprendido ao comprobar que, "temos detectado que na práctica habitual do Concello cando unha empresa quere mercar un terreo e iniciar unha actividad soe porse en contacto coas oficinas municipais para interesarse por se hai algún problema antes de efectuar o seu investimento o que nos ven a corroborar que Perfecto Rodríguez mentiu aos veciños da Reigosa cando dixo que non se instalaría ningún crematorio no polígono cando sabía perfectamente que eso non era así", sinalaron desde o equipo de goberno.
Relacionadas:
-
Andrés Díaz promete na Reigosa pechar cautelarmente o crematorio se detecta irregularidades ambientais
Por Redacción |
-
O exalcalde Perfecto Rodríguez pregunta: "onde están agora os das pancartas contra o crematorio?"
Por Oskar Viéitez |
-
A Reigosa xa conta con crematorio
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Perfecto Rodríguez acusa ao alcalde de "mentir e enganar aos veciños" co crematorio da Reigosa
Por Redacción |
-
Goberno e oposición enfróntanse de novo polo crematorio da Reigosa
Por Oskar Viéitez |
-
O alcalde de Ponte Caldelas pide á Xunta unha fórmula para evitar a instalación dun crematorio na Reigosa
Por Redacción |
-
Denegan a suspensión preventiva das obras do crematorio da Reigosa
Por Oskar Viéitez |