O Concello inicia contactos para emprender o proxecto do parque forestal da Fracha
Por Redacción
O concelleiro delegado do rural e da parroquia de Tomeza, Demetrio Gómez manterá este luns 7 de setembro, a partir das 20.30 horas na Casa dá Cultura de Lusquiños un encontro coa comunidade de Montes de Tomeza. Nesta reunión explicará aos comuneiros a pretensión para poñer en marcha o proxecto de creación do parque forestal no monte da Fracha.
Os encontros desenvolveranse ao longo desta semana coas comunidades de Marcón e A Canicouva. A de Marcón será o xoves, ás 21.00 horas na Casa do Pobo de Marcón e o mércores está convocada a da Canicouva, con horario aínda por determinar.
O proxecto da Fracha, aínda sen elaborar, contemplaría sendeiros, colocación de mobiliario, xogos infantís, rutas para bicicletas de montaña e outras propostas para un espazo de 250 hectáreas nas que dende o Concello de Pontevedra se quere implicar a diversos colectivos para que o parque teña garantías de futuro.