UGT-Vigo propón a desaparición das secretarías comarcais de Pontevedra, Arousa e o Deza
Por Oskar Viéitez
A filtración dunha circular interna en ton moi crítico coa dirección do sindicato ven a complicar a xa de seu difícil situación que atravesa a UGT en Galicia.
O autor do documento é Antonio Juste Iglesias, secretario comarcal de UGT en Vigo.
Este sindicato prepara un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) temporal para o seu persoal ao descender os seus ingresos. Esta caída débese fundamentalmente aos impagos dos fondos públicos que se destinaban á formación e que se utilizaban para financiar as estruturas sindicais e polo goteo de perda de afiliados.
No texto, ao que tivo acceso PontevedraViva critícanse os gastos da dirección do sindicato en Galicia, que segundo Antonio Juste, levaron á Unión Comarcal que el dirixe "a recortar de forma drástica nas subministracións e servizos que presta". Recortes que denuncia non son igualitarios en canto ao esforzo que teñen que asumir as comarcas.
Isto implica ademais "unha redución importante do equipo de UGT en Galicia e unha pretensión de redución salarial para o resto dos traballadores".
"Non toda a organización esta a sufrir do mesmo xeito apertarse o cinto"
A principal queixa deste dirixente sindical é "que non toda a organización esta a sufrir do mesmo xeito apertarse ou cinto" e cita como exemplos os complementos salariales que cobra "a gran maioría do equipo de UGT-GALICIA en Santiago de Compostela".
"Mentres a uns se lles nega o pan e o sal, outros nestes momentos que nos tocou vivir, teñen salarios na nosa organización en Galicia de 49.301,40 euros, 44.205,36 euros 41.345,52 euros, ou mesmo o caso curioso dun representante dos traballadores, tamén con complemento extra salarial, que percibe 36.662,04, ou membros da executiva galega con 35.163,12 euros mais os gastos propios derivados da súa función como membro da ejecutiva gallega. Todos eses complementos extra salariais suman anualmente uns 150.000 euros".
"Parece difícil de entender que mentres as Bisbarras que é onde se realiza todo o traballo sindical se nos afoga día a día outros a crise a ven pasar de longo", sinala a circular interna noutra das súas pasaxes.
O secretario comarcal de Vigo remata pedindo reflexión a todos, en primeiro lugar por "aqueles compañeiros traballadores dá UGT que ven perigar os seus postos de traballo" e tamén polos afiliados porque "se estes datos por algún motivo saen á luz publica con estes datos e cifras das que estamos a falar, seguramente quedaríamos catro e o tambor".
PontevedraViva púxose en contacto con fontes solventes do sindicato que enmarcan este escrito no medio das "dificultades que ten o secretario xeral de Vigo dentro da súa propia Unión comarcal, onde está sendo moi criticado".
Juste Iglesias plantexa concentrar en Vigo toda a dirección provincial da UGT
Estes mesmos interlocutores cualifican a circular interna como "un disparo para arriba, algo incomprensible" e lamentan que non se suscitaron estas críticas no último comité ou o recente Consello do sindicato "aí é onde se resolven estes asuntos".
No seo desta organización sindical xa se suscitou unha drástica reestructuración do sindicato en Galicia e a proposta de Antonio Juste Iglesias, é concentrar en Vigo toda a dirección provincial da UGT.
Na provincia de Pontevedra funcionan unións comarcales en Deza, Arousa, Vigo e Pontevedra, que desaparecerían segundo a proposta de Juste Iglesias.