Campás preparadas para tocar a rebato en defensa das traballadoras de Cuca
Por Anxo Lourido
O equipo de conservas Cuca teme que a empresa vaia tentar sacar a maquinaria da fábrica de Vilaxoán nos próximos días e, por iso, un grupo de 20 empregadas se manteñen dende esta mañá ás portas da fábrica para impedir o desmantelamento. Contan, ademais, co apoio de toda a vila. No momento en que se produza algunha actuación sospeitosa, a serea da confraría soará e as campás da Igrexa de San Martín de Sobrán comezarán a tocar a rebato e alertar así os veciños que teñen manifestado a súa solidariedade coas traballadoras. Francisco Vilar, delegado de Comisións Obreiras (CC.OO.) afirma que con este cierre se pierden más de trescientos puestos de trabajo directos e indirectos en el ámbito de Vilaxoán".
Polo momento, as gardas de vixilancia só faranse durante o día. Entenden que a empresa non levará a cabo o traslado de material durante a noite e "si lo hacen, se pondrá la correspondiente denuncia" asegura Francisco Vilar.
Ás nove da mañá deste luns 7 de xaneiro, as traballadoras de Cuca acudían á fábrica coa intención de entrar na empresa para traballar. Non foi posible. Operarios dunha empresa de seguridade impedíronlles o acceso. Segundo comenta o delegado de CC.OO., algunhas das traballadoras non recibiran o burofax no que se lle tería que indicar a suspensión da relación laboral polo que, ante a imposibilidade de acceder ao seu posto de traballo, o puxeron en coñecemento da policía local e da Inspección de traballo.
Agora, o colectivo está a preparar para este mes de xaneiro unha gran manifestación na que participen os partidos con representación na corporación municipal, os sindicatos e a gran maioría social que, segundo Francisco Vilar, quere evitar o peche da empresa en Vilaxoán e o traslado do equipo ao Grove.