Sanxenxo renuncia a izar as bandeiras azuis de Bascuas, Pragueira e Lapa
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo renuncia ao izado das bandeiras azuis nas praias de Lapa, Bascuas e Pragueira ao non poder completar a plantilla de socorristas necesaria para cumprir os requisitos marcados pola ADEAC no prazo establecido por eles. Así llo comunicaron os membros do Goberno local á inspectora da ADEAC que no día de onte inspeccionou as praias de Sanxenxo. En ningunha das tres praias ondeou, nin o fará este verán, a Bandeira Azul, a pesar de que o posto de socorristas de Pragueira está xa aberto.
A ADEAC deu unha moratoria aos Concellos que rematou o pasado 10 de xullo para completar a súa plantilla de socorristas. Sanxenxo, que realizou tres procesos de selección así como varias ofertas públicas de emprego, mantén aínda un déficit de tres socorristas e non pudo cumprir o requisito esixido pola ADEAC, polo que adoptou a decisión de renunciar ao izado das tres bandeiras.
Con todo, o Goberno local continuará a traballar nos vindeiros días para poder incorporar ao Servicio de Vixiancia en praias aos profesionais que restan, para manter abertos tódolos postos, tanto nas praias con Bandeira Azul como nas que non teñen este distintivo.
De feito, os areais de Caneliñas e Paxariñas, que carecen deste distintivo de calidade, contan co posto de socorristas aberto desde hoxe, xa que o Goberno local considera que tanto a risco que presentan ambas como a afluencia de xente fan que precisen dunha atención especial.
O mesmo ocurre coa de Bascuas, unha praia na que o Goberno local confía en poder abrir o posto de socorristas coa maior brevidade posible. Menos preocupante resulta para o Goberno local a de Lapa, que ata este verán xa mantiña un posto compartido con Areas Gordas, que a ADEAC obligou a desdobrar este verán. A atención por tanto se manterá compartida, ao igual que ocurriu en temporadas anteriores.
I é que independentemente de que as bandeiras ondeen ou non, o Goberno local asegura ter como prioridade prestar un servicio de calidade, no que por suposto se inclúe a vixiancia e o salvamento, en tódalas praias do municipio.
Relacionadas:
-
Sanxenxo anuncia que esta semana haberá socorrista na praia de Bascuas
Por Redacción |
-
Sanxenxo busca desesperadamente aspirantes a cubrir sete prazas de socorristas
Por Redacción |
-
Seis socorristas vixían ata o 15 de setembro as dúas praias de Poio con bandeira azul
Por Redacción |
-
A praia da Calzada estará vixiada por tres socorristas durante todo o verán
Por Redacción |
-
Queixas na praia de Bascuas pola falta de vixilantes despois de que os bañistas salvasen un rapaz de morrer afogado
Por Oskar Viéitez |