Eleccións 24M: Perfecto Rodríguez perde a maioría absoluta en Ponte Caldelas
Por Redacción
As eleccións municipais do 24 de maio provocaron un cambio significativo no panorama municipal de Ponte Caldelas, onde o Partido Popular perde a maioría absoluta.
Unha vez finalizado o escrutinio, a formación liderada por Perfecto Rodríguez baixa dende os nove concelleiros logrados en 2011 ata os seis, manténdose como a forza política máis votada co 44,86% de apoio, mentres o Partido Socialista liderado por Andrés Díaz sobe un concelleiro logrando tres co 26,29% dos votos.
A gran sorpresa deuna a recén creada Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas e o seu candidato Alfonso Gutiérrez, que irrompe na corporación con dous concelleiros (14,86%), os mesmos que o Bloque Nacionalista Galego (13,16%) con Manuel Xesús Muíños á cabeza.
En Ponte Caldelas a participación nestas eleccións situouse en 70,09% do censo con 3.330 votos emitidos. Un 29,91% optou pola abstención, houbo 40 votos nulos e 27 en branco.
Relacionadas:
-
Perfecto Rodríguez, de Ponte Caldelas ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Por Redacción |
-
A Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas e o PSOE, xa se entenden
Por Oskar Viéitez |
-
Primeiros contactos entre PSOE e BNG para formar goberno en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez perde a maioría: "Es una decepción y una sorpresa muy inesperada"
Por Redacción |