Os traballadores de Cleanet tampouco reciben a nómina de xaneiro e suman xa máis de 4 meses sen cobrar
Por Redacción
Os traballadores de Cleanet, a empresa concesionaria da limpeza da Escola Naval de Marín e do cuartel do Brilat en Figueirido, seguen sen cobrar as súas nóminas e levan xa máis de catro meses nesta situación. Os empregados a pesar de realizar todos os días o seu traballo tampouco cobraron as cantidades correspondentes do mes de xaneiro, aínda que a empresa si pagou aos traballadores esta nómina noutros puntos de España, segundo afirmou Juan Carlos Corredoira, de UGT.
Os delegados de UGT concentráronse este mediodía ante a Subdelegación do Goberno nunha protesta convocada por este sindicato en todas as cidades nas que esta empresa se encarga da limpeza de espazos militares. O 11 de febreiro, os delegados de UGT trasladaranse a Madrid van a concentrarse ante o Parlamento ás 13.30 horas e o Partido Socialista vai trasladar a pregunta ao Goberno sobre as causas polas que non rescindiu o contrato con Cleanet a pesar da débeda que a empresa mantén cos traballadores.
O responsable da área de Servizos de Limpeza de UGT Galicia, Juan Carlos Corredoira, sinala que os traballadores están fartos desta situación e, de xeito individual, están a presentar reclamacións xudiciais.
Non obstante, o representante sindical afirma que a solución ten que pasar polo rescate da concesión antes de marzo, que é cando finaliza o actual contrato, e que, mentres non se rescinde, os traballadores deberían recibir o pagamento directamente do ministerio de Defensa. Corredoira pregúntase cando van cobrar as cantidades debidas.
Relacionadas:
-
Denuncian que Defensa enganou ás traballadoras de Cleanet, que entra en concurso de acredores
Por Anxo Lourido |
-
Os conflitos laborais de Lantero e Cleanet chegan ao Parlamento Europeo
Por Redacción |
-
Os traballadores de Cleanet seguirán coas mobilizacións ante as dúbidas do novo contrato de Defensa
Por Diego Espiño |
-
O persoal de Cleanet reclamará tres salarios pendentes diante do Ministerio de Defensa en Madrid
Por Redacción |