As oficinas de turismo do Palacete das Mendoza e Armenteira gañan o distintivo "Q" de Calidade
Por Redacción
O Instituto de Calidade Turística Española (ICTE), o organismo que xestiona e certifica a marca "Q" de Calidade Turística, otorgou esta distinción á oficina central do Palacete das Mendoza, en Pontevedra, e o punto de información do Mosteiro de Armenteira, en Meis. Son as primeiras oficiñas de Galicia en acadar tal distinción.
O ICTE distinguiu a estas oficinas, pertencentes a Turismo Rías Baixas, tendo en conta "a calidade das instalacións, o servizo de atención e acollida do turista e a continua mellora dos medios técnicos e humanos".
A "Q" de Calidade supón un incremento da imaxe, tanto a nivel de institución como referente para o destino turístico pois propicia que o servizo sexa máis competitivo, segundo sinalan desde a Deputación.
No ano 2014, a oficina do Palacete das Mendoza recibiu 32.500 visitantes e o punto de información do Mosteiro de Armenteira, 14.178.
A entrega do distintivo "Q" de Calidade terá lugar en Fitur o vindeiro 29 de xaneiro.
En Galicia hai 265 empresas certificadas no sector turístico, das que 93 son de Pontevedra (sobre todo do subsector hoteis e apartamentos turísticos).
Relacionadas:
-
O sector turístico pontevedrés recolle en Fitur os seus distintivos 'Q de Calidade'
Por Redacción |
-
As Rías Baixas venderán en Fitur o seu "sabor a festa"
Por Oskar Viéitez |
-
A Ruta da Camelia xa conta con sinalización turística
Por Redacción |
-
O teixo do palacete das Mendoza está a morrer
Por Oskar Viéitez |
-
A oficina de turismo da Xunta intégrase no Palacete das Mendoza
Por Redacción |