Adrián Esperón, Antón Sobral e a asociación Cristóbal Colón galego, candidatos ao Cidade de Pontevedra
Por Redacción
Cinco candidaturas presentáronse este ano aos premios Cidade de Pontevedra. O rexistro do Concello pechou este luns o prazo de presentación de propostas para estes galardóns que recoñecen o labor de persoas físicas e entidades xurídicas na cidade. Nas últimas horas presentáronse tres novas candidaturas, que se suman á de Jaime Blanco, micólogo e presidente da asociación Brincabois, e á Pontevedrada.
En concreto, o Casino Mercantil propuxo ao bailarín Adrián Esperón na categoría de persoas físicas, galardón ao que optará tamén o pintor Antón Sobral e o xa mencionado Jaime Blanco.
Pola súa banda, á candidatura da Pontevedrada, unha marcha solidaria a Santiago para promover a doazón de órganos, únese a da Asociación Cristóbal Colón galego Celso García de la Riega.
O xurado dos premios reunirase nos próximos días para elixir os gañadores.
Os premios Cidade de Pontevedra entregaranse o próximo 20 de xaneiro, día de San Sebastián, no Teatro Principal.
Relacionadas:
-
Arte e ciencia xúntanse na entrega dos Cidade de Pontevedra a Jaime Dios e ao Cine Club
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O enxeñeiro Jaime Bernardo Blanco e o Cine-Club, premios Cidade de Pontevedra 2014
Por Redacción |
-
O Cine-Club eleva a seis as candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Pontevedrada e o micólogo Jaime Blanco Dios, primeiros candidatos aos Cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |