Os Novos Empresarios conceden o seu premio honorífico ao empresario Pérez Torres
Por Redacción
A presidenta da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra, Lucía Pedroso, anunciou que o consignatario Pedro Pérez Torres recibirá o premio honorífico da XIX edición dos galardons convocados esta asociación.
No transcurso dunha gala-cea no Liceo Casino de Pontevedra recoñecerase a traxectoria deste empresario ourensán á fronte do grupo Pérez Torres Marítima S.L., con sede en Marín, pero que desenvolve a súa actividade tamén nos portos de Vigo, A Coruña, Ferrol, Cariño, Ribadeo e San Ciprián.
O grupo conta tamén cunha firma dedicada ao transporte de mercancías e con outra de granito.
Relacionadas:
-
Vagalume e Mueve tu vida, premios AJE aos Xove empresario e emprendedor no 2014
Por Diego Torrado |
-
A ilegalización dos recheos do porto paraliza un investimento de 3,5 millóns de euros
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Un iPad e cursos de formación para premiar o mellor empresario novel
Por Oskar Viéitez |
-
A Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra cumpre 25 anos
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |