As confrarías do fondo da ría trasladan a Catalina González a necesidade de acometer o saneamento
Por Redacción
A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, reuniuse este luns coa Asociación de Confrarías do Fondo da Ría, os que manifestaron a súa preocupación ante a necesidade de acometer o saneamento da zona de Raxó, en Poio, coa construción dunha depuradora de augas residuais.
A rexedora local manifestou o seu acordo coa urxencia de solucionar esta situación, pero explicou a postura do Goberno sanxenxino, que defende que lle corresponde ao Executivo poiense solucionar esta carencia.
Durante o encontro, Catalina González insistiu, pois, en que a localización proposta polo alcalde do municipio limítrofe, Luciano Sobral, en Pampaído "non é unha opción factible porque non lle corresponde aos veciños de Dorrón asumir os problemas dos de Poio".
"Para min é unha satisfacción a implicación que amosaron os colectivos á hora de buscar eles mesmos unha situación idónea que despois lle presentarán ao goberno de Poio para pedírllelo seu apoio", apuntou a alcaldesa.
Relacionadas:
-
Ángel Moldes salienta a necesidade de que a futura depuradora se constrúa en Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas reclaman unha nova depuradora que alivie a saturación da situada en Praceres
Por Redacción |
-
Catalina González rexeita reunirse con Sobral pola depuradora de Raxó: "ÿ un problema de Poio"
Por Redacción |
-
Catalina González rexeita reunirse con Sobral pola depuradora de Raxó: "ÿ un problema de Poio"
Por Redacción |